A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.
Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhigas no ano 1935.
Descrición miniatura|esquerda Salienta a laxe horizontal (Grupo I, un penedo situado a rentes do chan e que se prolonga en dirección noroeste - sueste. Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, coviñas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas etc. O Grupo II componse dunha combinación circular. Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, coviñas e figuras cruciformes.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Petróglifo Petróglifos de Galicia
Categoría:Cerdedo Cotobade Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra