Un relicario é a caixa ou estoxo para gardar reliquias ou recordos dos santos e expoñelas á veneración dos fieis.
Relicarios do cristianismo Estiveron en uso co nome de encólpium xa nos primeiros séculos da Igrexa, aínda que por entón tiñan carácter privado e levábanse pendentes do pescozo en forma de caixiñas ou medallas con figuras e inscricións. Constan exemplares polo menos do século IV e son célebres os que se atopan (século VI) no Tesouro de Monza, regalados por San Gregorio á raíña Teodolina. Entre eles, atópanse certas botelliñas moi comúns naquela época, que só contiñan algodón empapado en aceite bendicido ou tomado das lámpadas que ardían á veira do sepulcro dalgún mártir. Para a veneración pública das reliquias naqueles primeiros sepulcros e altares que as contiñan. Pero dende o século IX comezaron a colocarse ademais sobre o altar relicarios en forma de caixiñas e arquetas.
Esta forma de relicario continuou nos séculos posteriores ata a época de arte oxival sendo preferidas as arquetas máis ou menos capaces e ricas, segundo a magnitude das reliquias e a magnificencia do doante e aproveitándose con frecuencia para o obxecto arquetas de uso profano. Destas, pódense citar: A Arca santa das Reliquias da catedral de Oviedo A Arca de San Millán O cofre de madeira chapado de prata repuxada e con figuras de Santos na parroquia de Abárzuza (século XI) A arqueta de bronce esmaltado e con figuras de relevo no mosteiro de Silos e no Museo de Burgos (século XIII) A arqueta de Colonia A arqueta de Limoges.
O relicario tomou dende o século XIII formas moi variadas e artísticas, sendo as principais:
A de arqueta e templete, imitando un templo coas arcadas oxivais e crestería A de ostensorio, co seu pé e a súa torre A de busto e estatua, coa imaxe do santo á que pertence a reliquia que alí se recolle. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cristianismo