Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en EuropaHargreaves, Jennifer (2000). Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity. Routledge. ISBN 0-415-22849-2, p. 156. Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade. En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.

Historia Os primeiros EuroGames celebráronse en 1992 na Haia. Celébranse anualmente, pero non cando coinciden cos Xogos Gais, que se celebran a cada catro anos. Polo conseguinte, non se disputaron EuroGames en 1994, 1998, 2002 e 2006. Tampouco se celebran cando os Outgames Mundiais se celebren en Europa, como acontecerá en Copenhaguen 2009. En 1999 a cidade designada foi Manchester, pero os xogos foron cancelados.

Edicións As edicións son de dous tipos, conforme o tamaño e as capacidades organizativas. Os anos olímpicos realízanse uns EuroGames de gran tamaño, mentres que no resto as competicións teñen unha limitación de participantes.

Edición Ano Cidade País Participantes Nº Países Disciplinas deportivas Fitos Outras cidades candidatas I 1992 A Haia 300 5 4 II 1993 A Haia 540 8 6 III 1995 Frankfurt 2,000 13 IV 1996 Berlín 3,247 18 17 V 1997 París 2,000 18 17 Bruxelas, Zürich 1999 Manchester 0 0 0 Cancelado Colonia VI 2000 Zürich 4,500 19 Hamburgo VII 2001 Hannover 1,500 7 Pequenos EuroGames VIII 2003 Copenhaguen 2,200 7 Pequenos EuroGames IX 2004 Múnic 5,050 38 27 Viena X 2005 Utrecht 2855 44 9 Pequenos EuroGames XI 2007 Anveres 3,650 38 11+1 Pequenos EuroGames XII 2008 Barcelona >5,000 40 25 XIII 2011 Rotterdam 26 XIV 2012 Budapest XV 2015 Estocolmo 4,465 71 28 Grandes EuroGames XVI 2016 Helsinqui 1400 40 14 EuroGames XVII 2019 Roma XVIII 2020 Düsseldorf XIX 2021 Copenhaguen

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de EuroGames

Categoría:Eventos LGTB Categoría:Competicións multideportivas