O monte Halti (Haltitunturi en finés, Háldi en saami) é o punto culminante de Finlandia con 1.328 metros de altitude.

Está situado no concello de Enontekiö, en Laponia, na fronteira entre Noruega e Finlandia. Forma parte dos Alpes Escandinavos. O cume da montaña está en realidade en Noruega, a 1.365 metros de altura e denomínase Ráisduattarháldi. A cima máis alta enteiramente en territorio finlandés é o Ridnitšohkka con 1.316 metros de altitude.

Categoría:Montes de Finlandia Categoría:Laponia