Heath Andrew Ledger, nado en Perth o 4 de abril de 1979 e finado en Nova York o 22 de xaneiro de 2008, foi un actor australiano. Comezou a súa carreira interpretativa en papeis da televisión e do cine australiano durante os anos 1990, e en 1998 Ledger viaxou ós Estados Unidos para desenvolver a súa carreira. O seu traballo está composto por dezanove filmes, incluíndo 10 Things I Hate About You (1999), The Patriot (2000), Destino de cabaleiro (2001), Monster's Ball (2001), Ned Kelly (2003), The Brothers Grimm (2005), Lords of Dogtown (2005), Brokeback Mountain (2005), Casanova (2005), Candy (2006), I'm Not There (2007), O cabaleiro escuro (2008) e The Imaginarium of Doctor Parnassus (2009). Tamén produciu e dirixiu vídeos musicais, a aspirou a converterse en director de cine.
Pola súa interpretación de Ennis Del Mar en Brokeback Mountain, Ledger gañou o Premio ó mellor actor no "Círculo de Críticos de Nova York" e o Premio ó mellor actor internacional polo "Instituto de Cine Australiano", ademais de ser nomeado ós BAFTA e ó Oscar ó mellor actor. Postumamente, compartiu un Premio Independent Spirit co resto dos seus compañeiros de elenco, co director e co director de casting polo filme I'm Not There, que está inspirado na vida e nas cancións do cantautor americano Bob Dylan. No filme, Ledger interpreta un actor ficticio chamado Robbie Clark, un dos seis personaxes que representan distintos aspectos da vida de Dylan.
Ledger morreu o 22 de xaneiro de 2008 debido á combinación accidental de diferentes medicamentos prescritos. Uns poucos meses antes da súa morte, Ledger rematara a rodaxe de O cabaleiro escuro, no cal interpretou o Joker. A súa morte ocorreu durante a edición do mesmo e no medio da rodaxe do seu último filme The Imaginarium of Doctor Parnassus, no cal interpreta a Tony. A súa morte prematura proxectou unha sombra sobre a posterior promoción do filme de Batman. Ledger recibiu numerosos galardóns póstumos pola súa aclamada interpretación no filme, incluíndo o Premio Oscar ó mellor actor secundario no 2008, o Mellor actor internacional nos Premios "Instituto de Cine Australiano" no 2008, converténdose no primeiro actor en conseguir un premio póstumo, o premio ó Mellor pola Asociación de Críticos dos Ánxeles no 2008, o Globo de Ouro a mellor actor secundario no 2009, e o BAFTA a mellor actor secundario no 2009.
Traxectoria Comezou de neno a facer obras de teatro infantil e aos dezaseis anos marcha a Sidney a buscar traballo como actor. Alí obtivo un papel na serie Sweat, interpretando un ciclista homosexual. A partir de aí alternou o cinema con Blackrock, un drama sobre uns mozos acusados de violar unha nena, coa participación en series de televisión australiana, como Home Away, Blush Patrol e Roar, onde facía de guerreiro celta.
En 1999 participa na súa primeira produción internacional, intervindo como actor na comedia de rapaces 10 Things I Hate About You. Despois regresou a Australia, onde rodou Two Hands, de Gregor Jordan, e logo outra vez e xa definitivamente aos Estados Unidos ao rodar The Patriot (2001), compartindo cartel con Mel Gibson, e polo que obtivo o premio ShoWest ao mellor actor masculino. A este filme seguíronlle Monster's Ball, Destino de cabaleiro, Ned Kelly, The Order, e The Brothers Grimm.
A viraxe na súa carreira produciuse en 2005 co seu papel protagonista en Brokeback Mountain, o filme dirixido por Ang Lee que obtivo catro óscares, e se ben el foi nomeado para un deles, non o acadou. Ledger representou o vaqueiro gai Ennis del Mar. Por este papel recibiu os premios de mellor actor do ano das asociacións de críticos de Nova York e de San Francisco.
A partir de aí, no 2006, rodou o papel principal en Casanova, fixo de Joker na secuela de Batman empeza titulada O cabaleiro escuro, e en 2007 representou a Bob Dylan nunha das etapas da súa vida en I'm Not There. Ao morrer estaba rodando The Imaginarium of Doctor Parnassus.
Vida persoal Os seus pais separáronse cando tiña dez anos e el viviu co pai. Tiña tres irmás. Entre as súas relacións destaca a que tivo coa actriz Michelle Williams entre 2005 e 2007, con quen tivo unha filla.
Foi atopado morto no seu apartamento do Soho de Nova York, vítima da acción combinada de distintas menciñasAccidental drug mix killed Ledger, BBC, 06.02.08.
Filmografía Filmes Ano Título Papel Notas 1992 Clowning Around Pallaso 1997 Blackrock Toby 1997 Paws Oberón 1999 Two Hands Jimmy 1999 10 Things I Hate About You Patrick Verona Nomeado ó MTV Movie Award pola mellor secuencia musical 2000 The Patriot Gabriel Martin 2001 Monster's Ball Sonny Grotowski 2001 Destino de cabaleiro Sir William Thatcher / Sir Ulrich von Lichtenstein de Gelderland 2002 The Four Feathers Harry Faversham 2003 The Order Alex Bernier 2003 Ned Kelly Ned Kelly 2005 Casanova Giacomo Casanova 2005 The Brothers Grimm Jacob Grimm 2005 Lords of Dogtown Skip Engblom 2005 Brokeback Mountain Ennis Del Mar 2006 Candy Dan 2007 I'm Not There Bob Dylan 2008 O cabaleiro escuro Joker 2009 The Imaginarium of Doctor Parnassus Tony
Televisión Ano Filme Papel Notas1993 Ship to Shore Ciclista 1996 Sweat Snowy Bowles 1997 Home and Away Scott Irwin Convidado Roar Conor
Vídeos musicais (2006) "Cause an Effect" e "Seduction is Evil (She's Hot)", canción de N'fa, vídeos dirixidos por Ledger. (2006) "Morning Yearning," canción de Ben Harper, vídeo dirixido por Ledger. (2007) "Black Eyed Dog," canción escrita por Nick Drake (1948–1974), vídeo dirixido por Ledger. (2009) "King Rat", canción de Modest Mouse e concibida por Ledger.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Nados en Perth Categoría:Nados en 1979 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Australianos de ascendencia inglesa Categoría:Australianos de ascendencia irlandesa Categoría:Australianos de ascendencia escocesa