Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.

Xeografía Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpiñán, en Francia.

Historia breve O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Empúries, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.

Arte e arquitectura miniatura|esquerda|200px|Igrexa de Sant Pere miniatura|esquerda|200px|Teatro-Museo Dalí

Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes: O castelo de Sant Ferran (castelo de san Fernando). A igrexa de Sant Pere (igrexa de san Pedro). O Teatro-Museo Dalí. O Museu del Joguet de Cataluña (museo dos xoguetes), que como o seu nome indica está dedicado a xoguetes.

Tradicións e cultura Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.