Nave, en arquitectura, denomínase ao espazo comprendido entre dous muros ou filas de columnas.

Este termo adoita utilizarse habitualmente ao referirse aos templos. A nave principal é a que ocupa o centro do templo desde a porta de ingreso ata o cruceiro ou o presbiterio, xeralmente con maior elevación e máis anchura que as laterais a ela paralelas.

Véxase tamén Outros artigos Coxía (arquitectura)

Categoría:Elementos arquitectónicos