Un gas de envasado é un gas empregado para envasar alimentos ou materiais e evitar ou atrasar así a súa deterioración. Xeralmente son gases inertes, ou dun tipo específico que protexa o produto envasado.

Para envasar comida empréganse algúns gases aprobados (os seus números E indícanse entre parénteses): Argon (E938), para produtos enlatados. Helio (E939), para produtos enlatados. Nitróxeno (E941). Osíxeno, para envasar verduras e outros produtos vexetais. Hidróxeno (E949). Dióxido de carbono (E290), tamén se emprega como propelente.

Algúns tipos específicos de gas para envasado son os propelentes:

Diclorodifluorometano, un CFC perigoso (E940), empregado en raras ocasións. Óxido nitroso (E942), emprégase como propelente para botes de nata. Butano (E943a), moi usado en produtos cosméticos e insecticidas. Isobutano (E943b). Propano

Categoría:Química Categoría:Aditivos alimentarios