Para a moeda de bronce da República de Roma de igual valor (10 ases), ver decussis. miniatura|400px|Arriba: c. 157 a.C. República Romana, c. AD 73 Vespasiano, c. 161 Marco Aurelio, c. 194 Septimio Severo. Abaixo: c. 199 Caracalla, c. 200 Xulia Domna, c. 219 Heliogábalo, c. 236 Maximino o Tracio Denario (en latín: denarius; plural: denarii) foi moeda máis común e típica da época republicana da Roma antiga, e da que aínda se conservan innumerables pezas, denomínase denario. Coñécese con este nome á moeda de prata equivalente a 10 ases, cuxo peso nos 50 primeiros anos da súa institución foi dun sextante de onza; ou sexa, de 4,54 gramos, entrando 72 pezas nunha libra. Cando o ás baixou de peso a unha onza, o denario reduciuse a 3,90 gramos (ou sexa, de 84 pezas nunha libra) sen diminuír máis peso ata a época do Emperador Nerón, pero comprendendo 16 ases en lugar dos 10 que lle correspondían polo seu nome. Como divisores do denario, figuran:
o quinario, que valía a metade daquel, equivalente a cinco ases. o sestercio ou a cuarta parte dun denario, equivalente a dous ases e medio.
Equivalencias entre moedas romanas Moeda Denario Quinario Sestercio As Metal Denario (símbolo X) 1 2 4 10 16px Quinario (símbolo V) 1/2 1 2 5 16px Sestercio (símbolo IIS) 1/4 1/2 1 2,5 16px As (símbolo I) 1/10 1/5 2/5 1 16px Áureo 251/40 da libra romana (aproximadamente 8 g) 16px
Os tipos do anverso nos denarios e os seus divisores foron ao principio figuras de divindades romanas, a semellanza dos ases, levando, do mesmo xeito que os quinarios, a cabeza de Roma personificada, cuberta con gálea ou casco (que moitos confunden con Minerva). miniatura|290x290px|Tesouro de Shapwick, Inglaterra, con máis de 9.000 denarios. No reverso, levan a figura de Dióscuros (Cástor e Pólux) tirando do carro da Vitoria ou unha cuadriga (catro cabalos) arrastrando o carro de Xúpiter ou de Marte, de onde veñen os nomes de bigato e cuadrigato que se adoitan dar ás devanditas pezas. Moito máis tarde, en sucesivas emisións, irán desaparecendo as referidas divindades para dar lugar a figuras moi variadas, segundo o capricho do maxistrado que dirixía a cuñaxe e que consistían en representacións de antigos personaxes, recordos de familia, emblemas ou símbolos da mesma, e despois, fazañas ou empresas do respectivo maxistrado. Chegado o final da República ou época do Triunvirato de Xulio César, empezou a figurar nunha cara das moedas o retrato do personaxe que as autorizaba.
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda provincial romana Reforma monetaria de Augusto
Bibliografía
Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley. 1985. ISBN 0-520-05506-3.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas na Biblia