A illa de Cebú, chamada A Raíña do Sur, é a illa principal da provincia de Cebú, na Rexión Visayas Central VII, do arquipélago das Visayas, en Filipinas. Sitúase entre as illas de Luzón ao norte, Bohol e Leyte ao leste separadas polo estreito de Cebú, Mindanao ao sur e Negros e Palawan, ao oeste. Dista 630 km ou 392 millas de Manila.
Principais datos A illa sitúase entre os 9º 25’ e os 11º 15’ de latitude norte e os 123º 13’ e 124º 5’ de lonxitude leste.
O Fuso Horario é GMT 8 horas. En hora local, amence ao redor das 6:00 e atardece ás 18:00.
Ten unha superficie de 4.422 km², sendo a novena en extensión do arquipélago. Ten 225 km de lonxitude norte-aur e 35 km de anchura leste-oeste.
Ten unha poboación aproximada de 3 millóns de habitantes.
Os principais núcleos de poboación son Cebú City, Bogo, San Remigio, Medellín e Daanbantayan.
Os seus habitantes chámanse Cebuanos (en cebuano: Sugbuanon)
Clima Pertence á Zona Climática Tropical
Estacións: Tempada Seca: de novembro a xaneiro Tempada Húmida: de febreiro a outubro Precipitacións: 1.500 mm/ano Humidade media anual: 83% Temperatura media anual: 30 °C. Rango diúrno de Temperaturas: 26 °C a 38 °C. Temperatura mínima nocturna: 18 °C (no Período Frío de outubro a febreiro).
Xeografía miniatura|200px|Fervenza Kawasan na illa Formación: A illa de Cebú formouse no período Carbonífero, fai 350 millóns de anos.
Sismoloxía e Vulcanismo: Nun arquipélago caracterizado polo vulcanismo e a actividade sísmica, a illa de Cebú pertence á zona de inactividade, co que só sofre pequenos terremotos. O de maior entidade dos últimos anos foi en 1991 cunha magnitude de 4 na escala Richter. Non houbo vítimas mortais.
Orografía: A illa de Cebú caracterízase pola predominancia de terras altas, sen cuberta vexetal, con alturas superiores aos mil metros, aínda que existen algunhas zonas de planicie na zona Norte da illa.
Hidrografía: Debido á súa Orografía e á forte deforestación, cerca do 60% das precipitacións son de escorrentía.
Economía A minería, a exportación de mobles e bixutería e o tráfico portuario de Cebú City, constitúen as principais fontes de ingresos da illa.
Na zona central da illa destacan as minas de:
Cobre Ouro Carbón
Historia Na etapa de descubrimento e colonización hispana, pódense distinguir dúas fases:
Fernão de Magalhães En marzo de 1521 Fernão de Magalhães desembarca nun poboado de pescadores chamado Zubu ou Sugbu, sendo ben recibidos polo xefe da illa, que logo de 8 días, foi bautizado, con varios centenares de súbditos. En agradecemento, e para confirmar a alianza, Magalláns atacou a veciña illa de Mactán, onde achou a morte.
miniatura|foto do monumento a Magalhães en Mactán, polo Goberno de Isabel II, Raíña de España|200px
Logo da morte dos seus sucesores Duarte Barbosa e Serrano, as naves Trindade e Vitoria abandonaron a illa rumbo ás Molucas.
Legazpi En 1563 Filipe II de España rei das España, ordena ao vicerrei de Nova España, Luís de Velasco a organización dunha expedición ao Arquipélago de San Lázaro, nome inicial de Filipinas, que foi encomendada a Miguel López de Legazpi, que partiu de México o 21 de novembro de 1564, acompañado do cosmógrafo e mariño frei Andrés de Urdaneta e doutros catro agostiños, que foron os primeiros evanxelizadores do arquipélago filipino.
En marzo de 1565 Legazpi arriba ás Filipinas. O 27 de abril de 1565, encabezando un grupo de 380 homes de armas e de mar, desembarca na illa de Cebú, e toma posesión da mesma en nome da Coroa española. O 8 de maio de 1565 procede a fundar a Vila de San Miguel, actual Cebú City, constituída en capital dos dominios hispanos e base da expansión e conquista de Filipinas ata a fundación de Manila en 1571.
Linguas O filipino ou tagalo é a lingua oficial na illa de Cebú, como no resto de Filipinas O cebuano ou sugbuanon é de uso xeral en toda a parte central de Filipinas, con preto de 18 000 000 de falantes, contando ata a década dos 80 con máis falantes que o tagalo.
Categoría:Illas de Filipinas