miniatura|Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur da USC. miniatura|Universidade de Bologna, a máis antiga do mundo aínda con actividade académica miniatura|A universidade de Coímbra, fundada por D. Dinís, a máis antiga de Portugal Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten colexios maiores ou colexios universitarios e residencias.
Historia O precedente de todas as universidades occidentais atópase na academia alexandrina, fundada no 288 a. C. No 340 fundouse a de Constantinopla. Na India hai datadas universidades no século V, como a de Nalanda, aínda que as modernas foron creadas durante a Idade Media europea. A primeira institución deste tipo que segue en funcionamento é a Universidade de Boloña, que máis tarde servirá de modelo para centros educativos similares. Por extensión utilízase para referirse noutras culturas a centros de educación superior e de reflexión, aínda que a súa creación pode ser moito anterior á Idade Media.
Inicialmente evolucionaron a partir do modelo das corporacións artesanais e como case todo na Idade Media, estaban moi vinculadas á Igrexa. Inicialmente, ensinábanse as ensinanzas inspiradas nas chamadas sete artes liberais (trivium ou trivio e quadrivium ou cuadrívio):
Trivium: gramática, lóxica e retórica.
Quadrivium: aritmética e xeometría, astronomía e música.
de onde proceden as actuais divisións entre disciplinas literarias e científicas.
Primeiras Universidadees de Europa e América
Universidade de Boloña (Italia) en 1088, que recibe o título de Universidade en 1317; Universidade de Oxford (Inglaterra) en 1096; Universidade de París (Francia) en 1150, que recibe o título de Universidade en 1256; Universidade de Módena (Italia) en 1175; Universidade de Vicenza (Italia) en 1204; Universidade de Cambridge (Inglaterra) arredor de 1208; Universidade de Palencia (Castela) en 1208, precursora da Universidade de Valladolid; Universidade de Salamanca (Coroa de León e Galiza) en 1218; a súa orixe foron unhas Escolas da Catedral cuxa existencia pode rastrexarse até 1130, e é a primeira de Europa que recibiu título de Universidade, en 1253 polo edicto de Afonso X; Universidade de Padua (Italia) en 1222; Universidade de Nápoles Federico II (Italia) en 1224 (máis antiga Universidade estatal e laica do mundo); Universidade de Tolosa (Francia) en 1229; Universidade de Valladolid (Reino de Castela), século XIII (posíbel resultado do traslado da Universidade de Palencia por volta do 1240); Universidade de Murcia (Castela) en 1272; Universidade de Coímbra (Portugal) en 1290; Universidade de Lleida (Cataluña) en 1300; Universidade de Perugia (Italia) en 1308; Universidade Carolina de Praga en 1348; Universidade Sertoriana de Huesca, (Reino de Aragón) fundada en 1354; Universidade Jaguelónica de Cracovia, fundada en 1364; Universidade de Viena (Austria) en 1365; é a máis antiga nos estados xermánicos. Universidade de Heidelberg (Alemaña), en 1386; é a máis antiga de Alemaña. Universidade de Santiago de Compostela (reino de Galiza) en 1495. Universidade Complutense tamén chamada Universidade de Alcalá (histórica) ou Cisneriana (Castela) en 1499 (en 1836 é trasladada integramente a Madrid e únenlle varios colegios, cambiando de nome á Universidade Central de Madrid; posteriormente recupera o nome orixinal como Universidade Complutense de Madrid) Universidade de Estrasburgo (Francia), fundada en 1538. Universidade de Zaragoza (Aragón) fundada en 1542 Real e Pontificia Universidade de México (Cidade de México) fundada en 1551 Universidade Nacional Maior de San Marcos (Perú), fundada en 1551; chamada entón como Real Universidad de Lima. Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina), fundada en 1613.
En Galicia A universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. En Galicia existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. En Galicia tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa cun centro para toda Galicia, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ensino Ensino superior
Ligazóns externas Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Universidade da Coruña
Categoría:Universidades