A arquitrabe é a parte inferior do entaboamento na arquitectura clásica. A súa función estrutural é servir de lintel, para transmitir o peso da cuberta ás columnas.
É un elemento fundamental na arquitectura de cuberta plana, chamada arquitrabada. A arquitectura grega clásica e o seu precedente, a arquitectura exea, son un exemplo típico de estruturas arquitrabadas, aínda que, anteriormente, os edificios monumentais exipcios tamén se construíron con cubertas planas ou alinteladas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Entaboamento Lintel
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Roma Antiga