Bintan ou Negeri Segantang Lada é unha illa indonesia, a maior do arquipélago de Riau, formado por máis de 3000 illas. forma parte da provincia das Illas Riau, a capital da cal, Tanjung Pinang, atópase no sur da illa e é a comunidade principal da illa.
De 1886 Km², está situada a uns 48 Km ao sueste de Singapur. Nela atópanse minas de bauxita e estaño. Posúe un aeroporto.
Historia
A historia de Bintan remóntase a principios do século III. A illa floreceu como un posto de comercio na ruta entre a China e a India, e durante séculos estivo baixo o control da China, o Reino Unido, e logo dos holandeses cando foi declarada parte das Indias Orientais Neerlandesas a través do Tratado Anglo-Holandés de 1824. No século XII, a illa Bintan no Estreito de Malaca era coñecida como a "Illa Pirata", xa que os piratas malaios a usaban como base para saquear buques que navegaban nestas augas.
Singapur, a cidade principal máis próxima, está a 45-50 minutos de viaxe en catamarán motorizado a través do Estreito de Singapur desde a zona de Bintan Resort no noroeste da illa. A illa ten praias con hoteis e complexos turísticos fronte á praia. A máis prominente destas praias é a Bintan Resorts situado nunha área de 300 ha de ambiente tropical. O arquipélago das illas Riau está xusto en fronte deste complexo a través do Mar do Sur da China. Indonesia está promovendo a Bintan como o mellor destino turístico logo de Balí.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bintan Directory
Categoría:Illas do Índico Categoría:Illas de Indonesia