Enrique Sáez Ponte, nado na Coruña en 1947 é un economista e escritor galego.
Traxectoria profesional Licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten feito un máster de administración e negocios no IESE de Barcelona. Profesional da empresa privada, traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección nos derradeiros catorce. Asistiu a cursos de especialización na Universidade do Noroeste de Chicago e na Universidade de Cambridge, no Reino Unido. Na Universidade Menéndez y Pelayo dirixiu un curso sobre temas financeiros e colaborou noutros sobre economía internacional. Desde o 2003 é empresario e ocupa cargos de administrador en varias sociedades.
Especialista na análise económica do desenvolvemento, da organización dos estados modernos e da situación de Galiza, intervén decote en actividades de ensino universitario.
Labor social
É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego, da Fundación Via Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Foi un dos membros fundadores da AGAL, da cal é socio. Participou na creación do documental O Diamante Galego, sobre as relacións económicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Desde 2009 preside a Unión de Almacenistas de Hierros de España e forma parte, desde o 2011, da Xunta Directiva da Plataforma Multisectorial contra la Morosidad.
Obra en galego Ensaio O mundo e nós, 1999, Xerais. A liberdade no século XXI, 2017, Editorial Galaxia.Ficha do libro
Obras colectivas Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
Obra en castelán Ensaio La energía oscura del dinero.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Edicións Xerais O Diamante Galego
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947