miniatura|Cruceiro do Hío cun pedestal en forma de mesa En arquitectura, denomínase pedestal ou peaña o soporte prismático destinado a soster outro soporte maior, conformando a parte inferior dunha columna. Xeralmente, componse de tres partes:

zócolo dado ou neto cornixa

Cando o pedestal é corrido, e sustenta unha serie de columnas, chámase estilóbata, a parte superior deste denomínase estereóbata, e pode está adornado con molduras.

Dáse tamén o nome de pedestal a todo soporte en forma de columna curta e ancha que sostén unha estatua ou obxecto análogo. Pola súa banda, chámase pedículo cando a base funciona como pé, ou pequena columna, en que se apoia un obxecto maior que ela, por exemplo, unha pía bautismal ou un púlpito.

Notas

Categoría:Elementos arquitectónicos