Marie Smith Jones nada en Cordova (Alasca) o 14 de maio de 1918 e finada en Anchorage o 21 de xaneiro de 2008, foi a última falante activa de eyak, unha lingua de Alasca.
O seu nome en eyak era Udach' Kuqax*a'a'ch, que significaba un son que chama pola xente dende lonxe.Elizabeth Kolbert, "Last Words" , The New Yorker, 06.06.2005. Filla dun mariñeiro, Marie Jones (o seu nome de solteira) traballou dende os 12 anos nunha planta de envasado de conservas. Casou cun mariñeiro, William F. Smith, o 5 de maio de 1948, falante unicamente de inglés e tivo nove fillos, dos que a sobreviviron sete. Porén, non lles aprendeu a falar o eyak a ningún deles. Nos anos setenta mudouse a vivir a Anchorage, e deixou de ter contacto co contorno de poucos falantes que quedaban de eyak. En 1990 faleceu o seu último irmán, e dende aquela non volveu ter contacto con falantes nativos do eyak, e falou a súa lingua unicamente con lingüistas.
Durante os últimos anos dedicouse ao traballo de gardar e rexistrar a lingua eyak canda o lingüista Michael Krauss, que é o autor do dicionario e da gramática de eyak. Tamén se dedicou a labores ecoloxistas, de protección do medio ambiente de Alasca, e de reivindicación das linguas e culturas indíxenas de Norteamérica, motivo que a levou a falar nas Nacións Unidas en dúas ocasións. Morreu de causas naturais con 89 anos.
Foi nomeada xefa de honra dos eyak, e tíñase por ser a última persoa con sangue completamente eyak.Mary Pemberton, "Last full-blooded Eyak and fluent speaker of Native language dies" , Associated Press, 22.01.2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en inglés
Categoría:Últimos falantes Categoría:Nados en Cordova Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2008