250px|miniatura|Marcos ou cadro móbil.

O cadro móbil foi un invento revolucionario na práctica da apicultura, pois orixinalmente os panais de mel eran destruídos ao cultivalos, aínda que se recuperaba a cera.

Historia A invención do mesmo débese a numerosos autores: François Huber desenvolveu unha colmea de cadros mobilistas, tipo acordeón, e despois Jan Dzierzon mellorou a mesma. En 1853 Lorenzo Langstroth patentou a colmea que leva o seu nome, e posteriormente as colmeas utilizaron este modelo e os cadros móbiles destas, que poden ser definidos como o mobiliario da casa da abella, variaron a súa forma segundo se modificaron as medidas do longo e a profundidade.

A colmea Langstroth utiliza cadros de 447,6 mm de longo e 285,7 mm de profundidade, espazados a unha distancia de 35 mm entre os centros dos cadros. Moses Quimby utilizara un cadro de 470 mm de longo e 285,7 mm de profundidade que posteriormente foi adoptado por Charles Dadant, para a colmea Dadant. Porén Dadant and Sons a partir de 1917 comezou a producir a Colmea Dadant modificada que utiliza os cadros da colmea Langstroth separados por unha distancia ao centro de 38 mm. Esta medida difundiuse moito por Europa, utilizándose en Inglaterra pola maior parte dos apicultores comerciais. A posterior o Irmán Adán modifica esta colmea para levala de 10 a 12 cadros por alza, tomando unha forma cadrada. Colmea denominada Buckfast Dadant.

O cadro móbil ten catro partes principais:

o cabezal ou listón superior. os laterais. o listón inferior.

Cadros autoespazadores Despois que Lorenzo Langstroth desenvolvese o seu cadro móbil, houbo moitas críticas respecto diso en virtude que os mesmos colgan libremente e oscilan, co cal ao moveren a colmea estes esmagan as abellas, pasaron a chamalos cadros pisoteadores de abellas polos seus opoñentes.

Débese a Julius Hoffman a invención do cadro autoespazador. Nun primeiro momento o espazo producíao proxeccións nos laterais do cadro, pero a pesar de que este cadro estaba espazado, lograba moverse. Por iso Hoffman levou estas proxeccións a unha profundidade dun terzo do cadro, logrando un deseño inmellorable utilizado ata os nosos días.

Materiais de construción do cadro Durante moito tempo o cadro confeccionouse con madeira, preferiblemente semidura ou branda. Na actualidade utilízanse plásticos inxectados para a construción do marco móbil como da folla de cera estampada. Malia isto os cadros de madeira seguen a ter unha moi ampla difusión.

Medidas de diferentes tipos de colmeas verticais

TipoLangstrothDadantLusitanaLayensMedidas cámara cría46,5x38x2446,5x38x3137x38x31segundo Nº cuadrosMedidas alzas46,5x38x2446,5x38x1737x38x16Med. cadro cámara42x2042x2733x2735x30Med cadro alza mel42x2042x3033x1235x30Superficie cadro160 dm²220 dm²180 dm²240 dm²Cría teórica45000 abellas60-62000 abellas50000 abellas67200 abellaskg de abellas x cría4,5 kg6 kg5 kg6,7 kgCapacidade en litros42,4 L54 L43,5 LCapacidade total84,8 L84 L65,9 LCapacidade na alza mel.25 kg16 kg13 kg

Véxase tamén Colmea Colmea Langstroth Colmea Dadant Colmea Smith Colmea horizontal

Categoría:Apicultura