260px|miniatura|O río Támese ao paso por Londres. O río Támese (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, páx. 1138. Galaxia. ISBN 978-84-8288-752-4: "Támese (Thames) Río de Gran Gretaña..." ou río Támesis: "Támesis [ing:Thames] Río más importante de Inglaterra..." e (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Támesis, R.: páxinas 136 (B1) e 138 (D3). ISBN 978-84-8289-328-0.: "Támesis [ingl: Thames] Principal río de Inglaterra..." e , Manual de oceanografía física descritiva, UVigo, 2002. (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Etimoloxía O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega, Tameiga en Mos.

Curso As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.

Historia Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres. miniatura|O Támese xeado (1677). Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade. miniatura|

A regata Oxford-Cambridge O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Río Severn Ligazóns externas Where Thames Smooth Waters Glide - Pictures and history and tides and poetry and conditions . The River Thames Society . Thames Path National Trail . River Thames London Hired Boats and News Blog .

Categoría:Ríos de Inglaterra Categoría:Londres Categoría:Topónimos con etimoloxía