260px|miniatura|O río Prut en Vorokhta, Ucraína O Prut (en ucraíno: Прут) é un río da Europa orienta, tributario do Danubio. O seu curso esténdese por uns 910 km, que bañan a Ucraína, Moldova e Romanía.

Percorrido O Prut nace nos Cárpatos orientais, no monte Howerla, no suroeste da Ucraína, na rexión de Iwano Frankiwsk). Toma unha dirección cara sueste, e despois de 240 km en territorio ucraíno, pasa a formar a fronteira entre Moldova e Romanía durante 711 km, para entrar por último neste último país e unirse ao Danubio, preto de Reni, ao leste da cidade de Galati (Romanía). O seu caudal medio é de 160 m³/s na xunta co Danubio.

Afluentes Son numerosos, mais na súa maioría de moi curto percorrido. A salientar: Pola esquerda: Racovăţ, con 67 km de curso. Pola dereita: Volovăţ, de 43 km; Başeu, 118 km; Corogea, 32 km ; Jijia, sen dúbida o máis importante dos tributarios, cun curso de 275 km e unha bacía de 5.757 km² ; e o Elan, de 73 km.

A súa conca ocupa unha área de 27.500 km² (10.990 km² na Romanía)

Navegabilidade O Prut é navegábel desde a cidade romanesa de Iaşi, nuns 300 km, até a desembocadura no Danubio.

Localidades ás beiras Destacan Chernivtsi en Ucraína, Ungheni, en Moldova e Iaşi na Romanía.

Historia Na antigüidade era coñecido como río de Porata o de Pyretus, de onde deriva o seu nome actual. Antes da ocupación por parte soviética da rexión de Besarabia e máis da Bukovina setentrional, en 1940, o río descorría case enteiramente por territorio romanés.

Ten notoriedade histórica a Paz do Prut, que o tsar Pedro I o Grande se viu obrigado a asinar no 23 de xullo de 1711, logo de que as súas tropas se viron cercadas polos turcos na pequena cidade de Huşi.

Categoría:Ríos de Ucraína Categoría:Ríos de Romanía Categoría:Ríos de Moldova Categoría:Afluentes do Danubio