Pearl Buck, nada en Hillsboro, Virxinia Occidental, o 26 de xuño de 1892 e finada en Danby, Vermont, o 6 de marzo de 1973, foi unha escritora estadounidense. Pasou a metade da súa vida na China, onde a levaron os seus pais misioneiros con tres meses de idade e onde viviu uns corenta anos. É coñecida polo apelido dun dos seus maridos xa que o seu apelido de solteira era Sydenstricker.

Traxectoria O seu bilingüismo fíxolle sentir de forma especialmente profunda o tema oriente-occidente que quedou reflectido en gran parte nas súas obras ademais de tratar desde un principio cuestións feministas que logo marcarían a súa vida con labores en consonancia coas súas ideas, a publicación da revista Asia e culminando coa fundación que leva o seu nome.

Foi unha escritora moi pródiga - ten ao seu haber unhas setenta obras - é especialmente sensible na súa aproximación aos temas, como se pode observar no seu primeiro libro publicado en 1930 East wind, West wind.

Foi Premio Pulitzer en 1932 e Premio Nobel de Literatura en 1938, a primeira muller en conseguir ambos os premios.

Obra Novelas East Wind:West Wind (1930) The Good Earth (1931) Sons (1933) The Mother (1933) A House Divided (1935) This Proud Heart (1938) The Big Wave (1938) The Patriot (1939) Other Gods (1940) China Sky (1941) Dragon Seed (1942) The Promise (1943) Portrait of a Marriage (1945) Pavilion of Women (1946) The Angry Wife (1947) (as John Sedges) Peony (1948) A Long Love (1949) (as John Sedges) God's Men (1951) Come, My Beloved (1953) Voices in the House (1953) ( as John Sedges) Imperial Woman (1956) Letter from Peking(1957) Command the Morning (1959) Satan Never Sleeps (1962) The Living Reed (1963) The Time is Noon (1966) Matthew, Mark, Luke and John (1967) The Three Daughters of Madame Liang (1969) Mandala (1970) The Goddess Abides (1972) The Rainbow (1974) The Big Wave (????)

Biografías The Exile (1936) Fighting Angel (1936)

Autobiografías My Several Worlds (1954) A Bridge For Passing (1962)

Non ficción China as I See It (1970) The Story Bible (1971) Pearl S. Buck's Oriental Cookbook (1972) Of Men and Women (1941) The Child Who Never Grew (1950) My Several Worlds (1954) For Spacious Skies (1966) The People of Japan (1966) The Kennedy Women (1970)

Contos The Old Demon The Good Deed

Premios Pulitzer Prize for the Novel (1932) Premio Nobel de Literatura (1938)

Adaptacións cinematográficas En 1937 levouse A boa terra ao cine, conseguiu dous premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas dos Ánxeles (Oscar, California. Os galardóns obtidos foron: mellor actriz e mellor fotografía.

Véxase tamén Ligazóns externas Pearl S. Buck International

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Occidental Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América