, nado en Ouse (na actualidade parte do Uchiko, da prefectura de Ehime) o 31 de xaneiro de 1935 e finado en Tokyo o 3 de marzo de 2023, foi un escritor xaponés. En 1994 converteuse no segundo xaponés gañador do premio Nobel de Literatura. Foi profesor do Colexio de México. O seu fillo, Hikari Ōe, padece de deficiencia mental, o que o levou a escribir Kojinteki na taiken (1964). En español foi traducido polo artista Kazuya Sakai e por Miguel Wandenbergh.

Traxectoria Pasa a súa infancia e adolescencia en Ouse ata que, en 1954, se traslada a Tokyo para iniciar a carreira de Filosofía e Letras. Finaliza a súa licenciatura catro anos despois, especializándose en literatura europea.

A súa vocación literaria parte da necesidade de aliviar o desarraigamento cultural e recuperar o que chamou "a mitoloxía do meu pobo". As súas obras, influenciadas fortemente pola literatura francesa, norteamericana e a teoría literaria, ligan coas ideas políticas, sociais e filosóficas incluíndo as armas nucleares, o non conformismo social e o existencialismo. O seu estilo é directo, de frases curtas e contundentes, que se nutren de poderosas imaxes poéticas e abundantes reflexións metafísicas.

En 1958 recibe o Premio Akutagawa pola súa novela Shisha no ogori, na que narra as súas vivencias infantís.

En 1963 nace o seu fillo Hikari (luz), discapacitado por unha hidrocefalia e condenado ao autismo. Este acontecemento vaise a converter no eixo principal da súa vida e da súa obra. Os seus títulos máis importantes, como Kojinteki na taiken (en ), Warera no kyoki o iki nobiru michi o oshieyo (en ) ou Man'en gannen no futtoboru (en ) virarán, en maior ou menor medida, en torno ao tema do seu fillo, como tamén Atarashii hito yo mezameyo (en ).

No ano 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, xa que segundo a Academia Sueca, que coa forza poética da súa obra creou un mundo imaxinario, onde a vida e a mente se condensan para formar un cadro desconcertante dos problemas do home nos nosos días.

Obra seleccionada Shisha no ogori (1958) Memushiri kouchi (1958) Miru mae ni tobe (1958) Nichijo seikatsu no boken (1963) Kojinteki na taiken (1964) Hiroshima noto (1965) Man'en gannen no futtoboru (1967) Warera no kyoki o iki nobiru michi o oshieyo (1969) Okinawa noto (1970) Shosetsu no hoho (1978) Atarashii hito yo, mezameyo (1983) Natsukashii toshi e no tegami (1986) M/T to mori no fushigi no monogatari (1986) Jinsei no shinseki (1989) Chiryo no to (1990) Sukuinushi' ga nagura reru made (1993) Yureugoku (Vashirēshon) (1994) Ōinaru hi ni (1994) Kaifukusuru kazoku (1995) Torikae ko (Chenjiringu) (2001) Ureigao no dōji (2002) Ni hyaku nen no kodomo (2003) Sayōnara, watashi no hon yo! (2005)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1994

Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados na prefectura de Ehime Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Premios Nobel do Xapón