A seguir recóllese a pegada do hábito de fumar tabaco na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
Refraneiro miniatura|dereita Despois de almorzar non te poñas a fumar, e despois de xantar déitate a descansar. Home morto, non fuma. Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro. Muller, viño e tabaco, poñen ó home fraco. Non fumes en pipa nin bebas viño porque os dous xuntos fan mal camiño. O que non fuma nin bebe viño, lévallo o demo por outro camiño. O que non fuma nin toma tabaco, lévallo o diaño por outro buraco. O tabaco e o viño hai algúns que os regalan ó seu veciño. Quen sen tasa bebe e fuma, nunca fará fortuna. Tabaco, muller e viño, millor pra min que pró meu veciño. Tabaco, viño e muller, botan ó home a perder. Tabaco, viño e muller, botan un home a perder.
Cantigueiro Adios, ‘paloma hermosa’,/ quen te pudera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar Xaquín Lorenzo Fernández, 31.. As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar Xaquín Lorenzo Fernández, 48. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, unha parroquia do concello de Lobios.. Catro cartos para pan,/ tres e medio para viño,/ un carto para tabaco,/ alá vai un realiño. Cun anaco de pitillo,/ unha copa de augardente/ i o brazo dunha nena/ xa marcha un home contente Xaquín Lorenzo Fernández, 66 ¿Erro por abrazo?. Dame un bico, Mariquiña,/ que che hei de dar un pataco./ Non quero bicos dos homes/ que me cheiran a tabaco’' Álvaro das Casas, 216. No texto: ch-hei.. Dámo, queridiña, dámo,/ dámo que non é pecado,/ un tizonciño de lume/ para encender o cigarro. Mala varredoira veña/ pola folla do tabaco;/ mala morte mate ós homes,/ que non queden senón catro Xaquín Lorenzo Fernández, 92. No orixinal: barredoira.. Mala varredoira veña/ polo vicio do tabaco,/ mala morte mate ós homes,/ que non deixan nin un coarto . Maruxiña, dáme un bico/ que che hei dar un pataco./ Non quero bicos de home/ que me cheiran a tabaco. Nunca lle digas á moza/ que é máis que todas bonita,/ que lle entra cobiza doutros/ e quedas fumando en pipa. Os mociños que hai agora/ son un fato de ladróns,/ que para fumar tabaco/ empeñan os pantalóns Álvaro das Casas, 192.. Pra leva-los reises/ traguemos un saco,/ diánno-los cartos/ pra mercar tabaco Xaquín Lorenzo Fernández, 136. No orixinal: levalos, diannolos.. Quixen facer un cigarro/ por non perde-lo costume,/ e arreparei que non tiña/ tabaco, papel nin lume Xaquín Lorenzo Fernández, 139. No orixinal: perdelo.. Se se che apaga o cigarro/ non o volvas acender;/ se unha moza te deixou/ non a volvas pretender Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: nono, nona.. Señor San Roque de Lobios,/ estanqueiro do tabaco,/ dígame, señor San Roque,/ quen o meteu niste trato? Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, queno.. Teño tres cartos e medio/ metidos nun tabaqueiro;/ cásate comigo, nena,/ que teño moito diñeiro Xaquín Lorenzo Fernández, 151.. Véndeme os bois e véndeme as vacas/ e non me vendas o pote das papas./ Véndeme as cuncas e mais o cunqueiro/ e non me vendas o meu tabaqueiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tabaco Planta do tabaco
Bibliografía CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931.* ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
tabaco Categoría:Tabaco