O Lahn é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rhin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 242 km. A súa bacía cobre unha área de 5.964 km².
Percorrido O Lahn nace na Rootharrgebirge a uns 600 msnm e desauga no Rhin en fronte da cidade de Coblenza (en alemán Koblenz).
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Hessen, Renania-Palatinado e máis Renania do Norte-Westfalia.
Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Marburg, Gießen, Wetzlar, Limburg e Coblenza.
Lahn Categoría:Afluentes do Rin