O Teatro Royal Albert Hall das Artes e das Ciencias de Londres, é un dos teatros máis coñecidos do mundo. Inaugurado o 29 de marzo de 1871, ten unha capacidade para 8.000 espectadores. Foi construído para a Raíña Vitoria de Inglaterra en memoria do seu falecido marido, Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha. É unha das construcións máis distintivas do Reino Unido. Dende a súa inauguración, pasaron polo seu escenario os máis destacados artistas do mundo da música. Foi sede de galas benéficas, entregas de premios, banquetes, incluso torneos de tenis. Alberga o órgano máis grande de Inglaterra e actualmente é a sede do The Proms un festival de música que se realiza todos os anos con acompañamento orquestral e bandas de pop.miniatura|250px|Celebración de The Proms|centro Concertos destacados Dende a súa inauguración, estes son algúns dos máis grandes eventos que aconteceron no Royal Albert Hall:

1963: Actúan conxuntamente The Beatles e Rolling Stones. 1966: Bob Dylan. 1968: Cream. 1968: Festival da Canción de Eurovisión, resultando como gañadora España. 1969: Pink Floyd. 1970: Led Zeppelin. 1977: ABBA. 1995: Musical Les Miserables. 1997: Sarah Brightman. 1998: The Corrs. 2000: The Who. 2002: Concerto homenaxe a George Harrison. 2006: The Cure.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Oficial

Categoría:Teatros de Inglaterra Categoría:Arquitectura de Londres