miniatura|left|Barco no Canal do Panamá. A economía de Panamá é unha das máis estables, dinámicas e con maior crecemento de América Latina. O ben desenvolvido sector de servizos é responsable por 80% do PIB. Os servizos inclúen o funcionamento do Canle de Panamá, as actividades bancarias, a zona franca de Colón, as actividades de seguro, os portos no Atlántico e no Pacífico, o rexistro de barcos que utilizan a bandeira do país, e o turismo. O crecemento económico será impulsado pola ampliación da Canle de Panamá, que comezou o 2007 e debe ser concluída o 2014 a un custo de 3,5 mil millóns de dólares - aproximadamente 25% do PIB actual. A expansión duplicará a capacidade da canle, permitindo acomodar navíos que son actualmente moi anchos para facer a travesía, e axudará a reducir o desemprego.
Sector primario Preto do 9% do chan de Panamá está cultivado. A maior parte da súa produción agrícola obtense en explotacións de carácter comercial e está destinada á exportación. Os principais cultivos e grupos de cultivos —produción de 2006 en toneladas— son: cana de azucre (1,77 millóns); froita (659.283 t), principalmente banana, laranxa; arroz (280.000); millo (70.000); café (13.153) e tomate.
En 2006 a gandería contaba con 1,56 millóns de cabezas de gando vacún, 286.200 de gando porcino e aproximadamente 14,9 millóns de aves de curral.
Os produtos forestais de Panamá están conformados por unha ampla variedade de madeiras. O país ten reservas forestais considerables, case un 57% do seu chan, ás veces difíciles de explotar debido á mala infraestrutura do transporte. En 2006 a produción anual de madeira era duns 1,35 millóns de m³.
Sectores secundario e terciario A industria de Panamá está basicamente orientada cara á satisfacción da demanda doméstica. O país depende sobre todo do seu conglomerado de servizos de transporte e loxística orientados cara ao comercio mundial, cuxo epicentro é a Canle de Panamá. Ao redor da Canle de Panamá están portos de trasbordo de contedores, zonas francas de comercio, ferrocarril e o máis grande entroncamento aéreo de pasaxeiros de América Latina. Tamén conta co centro financeiro máis grande de América Latina.
Notas