O 25 de decembro é o 359º día do ano do calendario gregoriano e o 360º nos anos bisestos. Quedan 6 días para finalizar o ano.
Acontecementos 800 - O papa León III coroa emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico a Carlomagno. 1066 - en Inglaterra, Guillerme o Conquistador é coroado rei. 1599 - A cidade de Natal, no Brasil, é fundada polos portugueses. 1884 - Un terremoto sacode a provincia de Granada. 1941 - Hong Kong réndese aos xaponeses no transcurso da segunda guerra mundial. 1989 - Nicolae Ceaușescu e a súa muller foron asasinados despois dun xuízo sumarisimo. 2013 - Un incendio destrúe o interior do santuario da Virxe da Barca.
Nacementos miniatura|157x157px|dereita|Isaac Newton. 1642 - Sir Isaac Newton segundo o calendario xuliano e o 4 de xaneiro de 1643 segundo o gregoriano, físico e matemático inglés (m. 1727). 1860 - Manwel Dimech, escritor, xornalista e político maltés (m. 1921). 1899 - Humphrey Bogart, actor norteamericano (m. 1957). 1904 - Gerhard Herzberg, físico e químico canadense de orixe alemá (n. 1999). 1906 - Ernst Ruska, físico alemán (m. 1988). 1911 - Louise Bourgeois, escultora e artista plástica francoestadounidense (m. 2010). 1916 - Ahmed Ben Bella, político alxeriano (m. 2012). 1918 - Anwar el-Sadat, político exipcio (m. 1981). 1927 - Ram Narayan, músico indio. 1936 - Raúl del Pozo, xornalista e escritor español (m. 2026). 1943 - Daniel Barata Quintas, político galego. 1955 - Luís Celeiro, xornalista galego. 1964 - Chus Lago, alpinista e escritora galega. 1972 - Josh Freese, músico estadounidense.
Mortes miniatura|157x157px|dereita|Charlie Chaplin.
795 - Hadrián I, papa da Igrexa católica. 1306 - Jacopone da Todi, poeta italiano (n. ca. 1230). 1936 - Carl Stumpf, filósofo e psicólogo alemán (n. 1848). 1938 - Karel Čapek, escritor checo (n. 1860).
1945 - Juan Tizón Herreros, escritor e político galego (n. 1895). 1948 - Pompeu Fabra, estabilizador da actual normativa da lingua catalá (n. 1868). 1960 - Francisco Rey Drox, político e guerrilleiro antifranquista (n. 1893). 1963 - Tristán Tzara, escritor francés de orixe romanesa (n. 1896). 1974 - Giacomo Devoto, glotólogo e lingüista italiano (n. 1897). 1977 - Charlie Chaplin, actor e director inglés (n. 1889). 1977 - Ramón Fernández Fernández-Mosquera, maxistrado, xornalista e escritor galego (n. 1912). 1983 - Joan Miró, pintor catalán (n. 1893).
1984 - Enrique Gippini, mestre e escritor galego (n. 1901). 1989 - Nicolae Ceausescu, ex-ditador de Romanía (n. 1918). 1995 - Emmanuel Levinas, filósofo francés (n. 1906). 2000 - Willard Van Orman Quine, filósofo estadounidense (n. 1908).
2016 - George Michael, cantante e compositor (n. 1963). 2020 - Lino Braxe, actor, director e escritor galego (n. 1962).
Festas e celebracións Día de Nadal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro