Illa Grande do Gurupá é a segunda illa máis grande do delta do río Amazonas, localizada próxima á confluencia dos ríos Amazonas e Xingu, a oeste da illa do Marajó, no estado do Pará, Brasil. A illa ten unha superficie de 4.864 km², sendo a 119ª maior illa do mundo e a 4ª maior do Brasil. É parte integrante do municipio de Gurupá, no Estado do Pará.

Historia Segundo o libro O grande Amazonas: mítologia, história e sociologia, o termo “gurupá” vén da unión do tupí guru (boca) e pa (larga), en razón das canles do Amazonas que circundan a illa.Mendonça de Sousa (1950), p. 414 Antes de chamarse illa Grande de Gurupá, chamábase “ilha de Tucujus” en virtude da tribo indíxena que a habitaba.Hemming & De Moura (2007), p. 813

Ao redor de 1620, os portugueses alarmados co número de feitorias inglesas e neerlandesas na rexión da foz do Amazonas decidiron actuar. Nesa época existía na illa un posto de comercio inglés chamado Sapanapoku, así como unha fortificación holandesa, ambas con máis dun centenar de persoas, segundo narración do xesuíta portugués Luís Figueira.

Na Revista do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro, de 1845, hai a seguinte descrición do aspecto salvaxe da illa a mediados do século XIX:

Xeografía Gurupá está cortada por unha gran cantidade de ríos e paranás,Paraná é a canle que separa unha illa fluvial da marxe do rio ou tamén unha canle entre dous ríos. É unha palabra orixinaria dos tupis. canles das augas do río Amazonas que os leva a un certo "vaivén", conforme a forza das mareas. Na illa e as súas adxacentes, onde afloran os sedimentos recentes, o terreo preséntase alagado en case a súa totalidade no período entre os meses de decembro a setembro

Nela se sitúa a "Reserva de Desenvolvimento Sustentável Itatupã–Baquiá", con 64.441,29 hectáreas, creada o 14 de xuño de 2005.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

"Paraná" no Dicionario en liña Caldas Aulete

Gurupá Categoría:Illas do Brasil