Batanta é unha das catro maiores illas do arquipélago Raja Ampat na provincia de Papúa Occidental, Indonesia. A súa superficie é de 453 km² e o seu punto máis alto ten 1.184 m. O Estreito de Pitt sepáraa de Salawati, mentres que o Estreito de Dampier faino de Waigeo.

O estreito de Dampier chámase así polo explorador inglés William Dampier. En 1759 o capitán William Wilson co East Indiaman Pitt vogou por estas augas e nomeou a canle entre Batanta e o estreito de Salawati Pitt, como o seu buque.

Outras illas do arquipélago son Salawati, Misool e Waigeo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas de Indonesia