A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía. A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Praias galegas con Bandeira Azul

En 2015 había en Galiza 117 praias con Bandeira Azul (a Comunidade Valenciana tiña 121, Cataluña 89 e Andalucía 76). Provincia da Coruña miniatura|Praia de Riazor. 49 bandeiras. Boiro: Barraña, Carrangueiros, Mañóns, A Retorta, Saltiño-Barraña-Esquerda, A Ladeira do Chazo. A Pobra do Caramiñal: Lombiña-Cabío, A Illa de Laxe. Ribeira: Coroso, O Vilar, A Corna, O Touro, Río Azor, Ameixida. O Porto do Son: A Aguieira, Caveiro. Laxe: Praia de Laxe. A Laracha: Praia Caión. Arteixo: Barrañán, Combouzas, Valcovo, A Hucha, A Salsa. A Coruña: Riazor, Orzán-Matadoiro, San Amaro, Lapas, Oza. Oleiros: Bastiagueiro, Mera-Penatouro, Espiñeiro, Santa Cristina. Dumbría: Ézaro. Miño: Grande, Perbes, Praia dá Ribeira. Ferrol: Doniños, San Xurxo. Valdoviño: Meirás (Do Río), A Frouxeira, Pantín (O Rodó), Tiroteo, Villarrube. Ortigueira: Morouzos, A Concha. Carnota: Carnota (Boca do Río), Mar de Lira. Carballo: Razo, Saíñas, Pedra do Sal. Muros: San Francisco.

Provincia de Lugo miniatura|Praia das Catedrais. 22 bandeiras. Burela: O Portelo, A Marosa. O Vicedo: Abrela. Xove: Esteiro. Foz: Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, A Rapadoira, As Polas, Os Xuncos. Barreiros: A Pasada, Lóngara, Coto, Cantil-Remior, Altar, San Bartolo, Fontela-Valea. Ribadeo: Os Castros-Illas, As Catedrais, Esteiro.

Provincia de Pontevedra miniatura|Bandeira azul ondeando en 2013 na Praia de Santa Marta, Baiona. 55 bandeiras. A Guarda: O Muíño e Area Grande. Baiona: Os Frades e Barbeira. Nigrán: Praia América e Patos. Vigo: O Vao, Argazada, Rodas (Illas Cíes), Figueiras (Illas Cíes), A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, Canido, Fontaiña. Moaña: Praia do Con. miniatura|Praia de Nerga en 2012. Cangas de Morrazo: Areabrava, Nerga, Menduiña, Melide, Areamilla, Liméns, Rodeira. Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos. Marín: Aguete, Mogor, Portocelo. Poio: Xiorto, Cabeceira. Sanxenxo: Areas, Os Espiñeiro, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas, A Lapa, Pragueira, Baltar. O Grove: A Lanzada, Rareiros (Paxareiro), Area dá Cruz, Area Grande, Area dás Pipas, Area de Reboredo. Illa de Arousa: Area de Secada, Camaxe.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Praias da provincia da Coruña Praias da provincia de Lugo Praias da provincia de Pontevedra Ligazóns externas BlueFlag.org