é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha.
Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha. Foi un dos tres integrantes do grupo 7, o do mestre Kakashi Hatake, xunto con Naruto Uzumaki e Sakura Haruno. Ao principio a Naruto teno por un imbécil, aínda que acabará converténdoo no seu mellor amigo e tamén o seu rival. Valórao especialmente, xa que ambos comparten unha infancia atípica. Trae tola a Sakura, igual que a Ino Yamanaka, pero parece ser que a el non lle interesan tanto os enredos amorosos como o seu adestramento ninja e Naruto.
Segundo o propio Masashi Kishimoto, Sasuke é o personaxe que máis lle gusta debuxar e por iso volveuse un personaxe moi querido para el.
Infancia Sasuke pasou os seus primeiros anos vivindo baixo a sombra do seu irmán máis vello, Itachi Uchiha, quen constantemente demostraba ser un xenio nas artes ninja. Por mor disto, case todos os membros do clan Uchiha vían a Itachi como o futuro do clan, sendo o que máis propuña isto o pai de ambos, Fugaku Uchiha. Sasuke esforzábase ao máximo para obter recoñecemento de parte da súa familia, pero sen importar canto o intentase, estaba demasiado lonxe de alcanzar ao seu irmán. Itachi, consciente disto, tratou de desviar algo da atención do seu pai cara a Sasuke, ata ofrecerlle adestralo en varias habilidades ninja. Aínda que Itachi logrou que Fugaku pasase máis tempo con Sasuke, moito dese tempo aínda llo dedicaba a Itachi, e este nunca cumpriu a súa promesa de adestrar a Sasuke.
Co paso do tempo, a posición de Itachi no clan comezou a decaer, xa que comezaban a preguntarse se era digno de confianza. Neste punto, Itachi comezou a desenvolver unha relación máis competitiva con Sasuke, desafiándoo a que o superase. Por este cambio na personalidade de Itachi, Fugaku tomou máis interese no desenvolvemento de Sasuke, ensinándolle o Jutsu Gran Bóla de Lume en menos tempo do que Itachi tardou en aprendelo, co que Sasuke era xa recoñecido como un membro oficial do clan. Máis aínda, Fugaku díxolle a Sasuke que non seguise o exemplo de Itachi, perdendo este a confianza do seu pai.
Pero ao pouco de recibir a atención do seu pai que tanto desexaba, Sasuke regresou a casa e alí encontrou a escena que o marcaría para sempre: todos os membros do seu clan foran asasinados. Ao entrar na súa casa, atopou ao seu irmán Itachi fronte aos cadáveres dos seus pais, quen lle informou que foi el quen os matou. Inmediatamente, Itachi usou o seu recentemente adquirido mangekyou sharingan para mostrarlle como asasinou a todos. Antes de irse, Itachi invitoulle a odialo e volverse forte para algún día poder vencelo, e logo desapareceu na noite.
Desde aquel día, a meta de Sasuke é volverse forte a calquera prezo para algún día acabar co seu irmán, e vingarse del por quitarllo todo.
Primeira parte Ao comezo da historia, cando se lles informa aos estudantes que serán asignados en equipos de tres, isto non lle cae nada ben a Sasuke, menos cos compañeiros que lle foron a tocar: Naruto, a quen considera un idiota e mediocre total como ninja, e Sakura, que está tolamente namorada del ata o grao de ser molesta. As tensións no grupo non se fan esperar, pero ao pouco tempo, trala proba de traballo en equipo que lles pon Kakashi comezan a mellorar.
Cara ao País das Ondas Sasuke ten a misión de escoltar ao construtor Tazuna á súa obra para poder terminar a ponte que uniría o País das Ondas co continente, a misión revela ser máis perigosa do que parecía e pronto son atacados por varios ninjas, Sasuke demostra ser realmente hábil ao enfrontarse a eles e facilitar a vitoria de Kakashi, mentres Naruto queda inmobilizado polo medo. Posteriormente son atacados por Zabuza, novamente, Sasuke e Naruto deben axudar ao seu mestre e cunha hábil estratexia por parte do segundo, logran liberalo da prisión de auga á que o sometía o poderoso ninja. Kakashi derrota a Zabuza pero este desaparece grazas a un engano do seu compañeiro Haku.
Kakashi debe descansar polo desgaste do seu sharingan e o seu equipo debe adestrar na casa de Tazuna para dominar o seu chakra e facer fronte a Zabuza, que uns días despois volve para enfrontarse a Kakashi xunto a Haku, que se ocupa de Naruto e Sasuke mentres Sakura cobre a Tazuna.
Sasuke demostra un gran dominio do ninjutsu, enfrontándose a Haku, e así por fin espertar o seu sharingan, aínda que este non estaba desenvolvido. Tivo grande importancia na pelexa da ponte, xa que alí debilitouse ata un punto en que non tivo máis remedio que pelexar de xeito conxunto con Naruto e se puxo fronte a el para recibir o ataque de Haku o cal déixao inconsciente e Naruto, crendo que está morto libera o poder de Kyubi, derrotando a Haku. Kakashi tamén derrota a Zabuza e disponse a rematalo co Chidori, pero Haku interponse, Zabuza finalmente sacrifícase matando ao seu antigo xefe, Gatou. Tazuna termina a ponte e Sasuke recupérase, todos volven a Konoha.
Exame Chūnin Pouco antes de rexistrarse para o exame chūnin, Sasuke é desafiado fóra de competencia por Rock Lee. Este último por pouco logra vencelo, de non ser pola intervención do seu mestre Maito Gai.
Durante a etapa escrita do exame, Sasuke é un dos primeiros en decatarse de que o verdadeiro obxectivo é obter as respostas sen ser descubertos. Sasuke lógrao usando o seu sharingan para copiar os movementos do lapis dun dos que estaban fronte a el.
Na segunda etapa, cando Sasuke atópase con Orochimaru no Bosque da Morte, este mórdeo no pescozo deixando unha maldición que consome o seu chakra e faino necesitado do seu poder, o cal vólveo malvado. Só Sakura é a que consegue facer que se deteña, pero agora non pode usar o seu sharingan sen activar o selo e a preocupación de Sakura estaba latente.
Nos combates preliminares, Sasuke pelexa contra Yoroi Akado. Sen poder usar o seu sharingan, Sasuke leva as de perder, pero usando un movemento que lle copiou a Lee antes do exame consegue mudar a situación e saír vencedor. Inmediatamente, Kakashi sácao da area para aplicarlle un bloqueo ao selo. Sasuke necesita o uso da súa forza de vontade para controlalo ou consumiría moito chakra e poderíao ata matar.
Durante as catro semanas antes das finais, Kakashi leva a Sasuke a adestrar, en parte preocupado pola influencia que poida exercer Orochimaru sobre el. Nese tempo Sasuke aprende o Chidori, a única técnica orixinal de Kakashi, e baseándose nos movementos que lle copiou a Lee mellora o seu propio Taijutsu. Por mor disto, el e Kakashi chegan tarde para o seu combate, logrando facer unha espectacular entrada no último minuto.
Iníciase o combate entre Sasuke e Gaara, manténdose ambos moi parellos. Sasuke lánzase nunha arremetida suicida co Chidori, penetrando a barreira de area de Gaara e logrando ferilo, pero xusto nese instante, iníciase a invasión de Konoha.
A invasión de Konoha No medio do alboroto causado durante o ataque, Temari e Kankuro sacan a Gaara da area de duelo e Sasuke vaise tras eles para terminar o combate contra Gaara. Temari é a primeira en intentar retelo, pero é vencida facilmente por Sasuke.Tras derrotar a Temari, Sasuke segue o seu camiño atopándose con Kankuro, teñen unha breve pelexa tras chegar Shino a loitar contra Kankuro, permitíndolle a Sasuke continuar a persecución. Cando finalmente o alcanza, Gaara comeza a súa transformación en Shukaku. Sasuke intenta combatelo co Chidori e co sharingan, pero debido ao seu límite de utilización da técnica (dúas por día) acaba liberando o seu selo maldito ante as provocacións de Gaara e cae tratando de controlalo, finalmente chegan Naruto e Sakura ao rescate. Naruto finalmente enfróntase a Gaara e logra derrotalo coa axuda de Gamabunta.
Derrota ante Itachi e fuxida de Konoha Cando Sasuke xa parecía libre de perigo, co selo controlado e en paz, estudando con Naruto e Sakura, o seu irmán reaparece en Konoha en busca de Naruto, Sasuke trata de enfrontarse a el pero é humillado de novo polo seu irmán, que o deixa vivo só para que se faga máis forte de novo antes de retirarse por mor de Jiraiya.
Lamentándose do débil que é aínda e vendo que Naruto obtivo máis poder que el, Sasuke volve a deixarse levar polos seus recordos, momento que aproveita Orochimaru para capturarlle a través de catro de "Os Cinco do Son" para recordarlle o seu obxectivo de vinganza e prometerlle poder no seu bando. Sasuke abandona Konoha, sendo perseguido polo Equipo de Shikamaru, integrado por Shikamaru Nara, Choji Akimichi, Naruto Uzumaki, Neji Hyuga e Kiba Inuzuka. Estes enfróntanse aos Cinco do Son, Jiroubo, Kidomaru, Tayuya, os irmáns Sakon e Ukon (unidos nun mesmo corpo) e Kimimaro, que chega máis tarde, sendo axudados por Rock Lee, Gaara, Kankuro e Temari.
Ao final quedan sós Naruto e Sasuke no Val do Fin, onde ten lugar un longo combate entre eles, no que o sharingan de Sasuke evoluciona e emprega o segundo nivel do selo maldito, mentres que Naruto sálvase de morrer atravesado polo Chidori grazas a Kyubi, que por dúas veces dálle chakra cando estaba practicamente derrotado. Durante o combate, Sasuke admite que Naruto converteuse no seu mellor amigo, razón pola cal quere matalo. Finalmente o mozo Uchiha logra derrotar ao Rasengan e á cola de Kyubi de Naruto co seu Chidori e no canto de matalo decide que non usará o método de Itachi para aumentar os seus poderes, polo que busca poder con Orochimaru, renunciando aos seus amigos e compañeiros.
Segunda parte Transcorren máis de dous anos logo da desaparición de Sasuke, transcorrido este tempo o Uchiha non deixa de adestrar mentres que Orochimaru ve cada vez máis cerca a obtención do seu corpo. Naruto e Sakura adestraron e non renuncian ao seu desexo de traer ao seu compañeiro de volta.
Reencontro co Equipo Kakashi Os de Konoha finalmente conseguen dar coa pista de Sasuke mediante un clon de madeira do líder do equipo (Yamato) e inmediatamente parten na súa busca. O máis recente membro do equipo 7, Sai, é o primeiro en aproximarse a Sasuke. A este último non lle fai graza a súa forma de saudar e indúcelle unha nova sensación de medo co seu sharingan. Os membros restantes do equipo sete dan co seu paradoiro, e Sasuke saúda aos seus antigos compañeiros coa mesma fría indiferenza que cando os coñeceu, e ata di estar disposto a entregarlle a Orochimaru o seu corpo se con iso pode matar a Itachi. Nese momento pódese ver o gran poder que conseguiu Sasuke no tempo que adestrou con Orochimaru, xa que é capaz de usar o seu sharingan para introducirse na mente de Naruto e suprimir o chakra do Kyubi.
A batalla non se fai esperar, no transcurso Sasuke fai unha serie de selos, pero antes de facer nada Orochimaru deteno e dille que non hai necesidade de usar esa técnica, ademais que Naruto e os seus amigos indirectamente servirán aos seus propósitos, que é eliminar a Organización Akatsuki, o que lle facilitará derrotar ao seu irmán. Acto seguido, ambos se marchan, aínda que a alianza entre Orochimaru e Sasuke non durará moito tempo.
A derrota de Orochimaru e a formación de Hebi Na mansión de Orochimaru este aparece admirando a capacidade de Sasuke para derrotar a un numeroso grupo de ninjas sen ser danado, o sannin pensa que o talento de Sasuke excedeu ata o seu propio ao seu mesma idade e móstrase emocionado polo poderío do que será o seu futuro corpo.