Telecíes é unha concesión de televisión local con licenzas de TDT nas demarcacións de Vigo e Ponteareas, que na actualidade carece de emisión.

Características

Pertence ao grupo de comunicación de La Región, emitiu por primeira e última vez o 8 de febreiro de 2008 ao retransmitir en directo da Copa do Mundo de Saltos Rolex FEI que celebraba en Vigo a súa sétima edición. O programa foi presentado polas xornalistas Laura Vázquez e Soledad Parral. Posteriormente a cadea mudou emitindo unicamente unha mira de axuste.

Notas

Categoría:Televisións locais de Galicia Categoría:Medios de comunicación de Vigo