miniatura|dereita|200px|Arquipélago Schouten, en Indonesia Yapen (tamén Japen, Jobi) é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papúa, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.

Historia A primeira observación rexistrada polos europeos foi por Álvaro de Saavedra, que desembarcou o 24 de xuño de 1528 ao intentar volver de Tidore a Nova España. Foi cartografiada entón como "Paine" dentro das "Islas de Oro" (Illas de Ouro) como chamaron as Schouten. En 1545 visitouna Íñigo Ortiz de Retes a bordo do Galeón San Juan.Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.234,239,309,310,315,319

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Selva tropical na illa de Yapen

Categoría:Illas de Indonesia Categoría:Illas do Pacífico