Abū ʿAbdullāh Muḥammad ibn Jābir ibn Sinān ar-Raqqī al-Ḥarrani aṣ-Ṣabiʾ al-Battānī, (en ) latinizado como Albategnius, nado en Harran contra o ano 850 e finado en Damasco no 929, foi un astrónomo árabe.
Traxectoria Calculou o movemento dos planetas e determinou con gran precisión a duración do ano solar, corrixiu as táboas de Tolomeo, os seus estudos serviron de antecedente ás Táboas afonsinas.
O seu máis importante traballo foi Kitāb az-Zīj (O libro das táboas), coñecido en occidente pola súa tradución ao latín no ano 1116, De Motu Stellarum, que tivo unha grande influencia na astronomía europea.
Categoría:Finados en 929 Categoría:Astrónomos do Califato Abbásida Categoría:Astrónomos do mundo islámico medieval