Barbados é o país máis rico e desenvolvido do Caribe oriental e ten unha das rendas per cápita máis altas de Américas. A súa economía tradicional baseábase na produción de azucre, principal materia de exportación. Coa explosión do turismo, produciuse unha reorientación da actividade. Agora mantén un sistema moi dependente de Estados Unidos e Europa que son os lugares de procedencia da maioría dos turistas, o que debilita a súa economía nos períodos de contención nos países de orixe. A economía creceu dende o 2003, impulsada por aumentos en proxectos de construción e ingresos de turismo, pero este último sector tivo unha caída nos ingresos en 2009 coa recesión económica global.
Na actualidade o país diversificou parcialmente a súa economía con algo de industria lixeira. É así mesmo sede de importantes empresas, sobre todo financeiras, dado o alto nivel de protección do segredo bancario que ofrece e os baixos impostos que soportan. Pola comunidade internacional é considerado un paraíso fiscal.
Notas
Barbados Categoría:Barbados