Daniel Guérin, nado en París o 19 de maio de 1904 e finado en Suresnes o 14 de abril de 1988, foi un escritor revolucionario francés, anti-colonialista, militante da emancipación homosexual, teórico moderno do comunismo libertario, historiador.
Traxectoria Daniel Guérin empezou a militar nos anos 1930 cos sindicalistas revolucionarios da revista La Révolution prolétarienne de Pierre Monatte. Pronunciouse en contra do colonialismo francés en lugares como a Indochina Francesa ou o Líbano.
A mediados dos anos 30 uniuse ó grupo La Gauche Révolutionnaire de Marceau Pivert. En 1938 esta corrente estaba excluída da SFIO (Sección Francesa da Internacional Obreira), creándose o PSOP (Parti socialiste ouvrier et paysan). Daniel Guérin foi un dos responsables diste partido, dentro do cal sitúase na esquerda e moi preto de Troski con quen leva correspondencia.
Guérin afastouse aos poucos do marxismo ortodoxo durante a guerra para achegarse ao anarquismo. A partir de 1959 e da publicación de Jeunesse du socialisme libertaire (Mocidade do socialismo libertario), buscou unha vía nova nunha síntese do anarquismo e do marxismo. Loitou para conciliar o mellor destes dous sistemas de pensamento e publicou Pour un marxisme libertaire(Para un marxismo libertario), logo À la recherche d'un communisme libertaire (Á procura dun comunismo libertario).
Obra Le mouvement ouvrier aux États-Unis (O movemento obreiro nos Estados Unidos) Sur le fascisme (Baixo o fascismo) Tomo 1 : La Peste brune (A peste negra) Tomo 2 : Fascisme et grand capital (Fascismo e gran capital) La lutte des classes sous la Première République (A loita de clases na Primeira República) Front populaire, révolution manquée (Fronte popular, revolución inexistente) Rosa Luxembourg et la spontanéité révolutionnaire (Rosa Luxemburg e a espontaneidade revolucionaria) L’Anarchisme (O Anarquismo) Pour un communisme libertaire (Para un comunismo libertario) Ni Dieu, Ni Maître - Anthologie de l'anarchisme (Nin Deus nin Amo. Antoloxía do anarquismo) tomo 1: Stirner, Proudhon, Bakunin, Debate de Paepe e Schwitzguebel, James Guillaume e Kropotkin. tomo 2: Malatesta, Émile Henry, Os anarquistas franceses nos sindicatos, Os colectivos españois - Voline, Makhno, Cronstadt, Os anarquistas rusos no cárcere, O anarquismo na guerra civil española. Homosexualité et révolution (Homosexualidade e revolución) Bourgeois et Bras nus. 1793-1795 Les Antilles décolonisés (As Antillas descolonizadas)
Véxase tamén Outros artigos comunismo libertario
Ligazóns externas DanielGuerin.info sobre a súa vida, obra e eventos relacionados. Xestionado por militantes, investigadores, membros da súa familia e a Association des amis de Daniel Guérin . Alternative libertaire, Alternative libertaire organización anarquista francesa que pretende ser herdeira das ideas de Guérin .
Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en París