Death of a Salesman (en galego literalmente: Morte dun vendedor) é unha peza teatral de Arthur Miller escrita en 1949.

Características É a súa obra máis famosa e máis frecuentemente interpretada. Vista por moitos como unha crítica cáustica do "soño americano" de éxito a través do crecemento económico, fixo famoso ó seu autor ó facerlle gañar o Premio Pulitzer e acollida con éxito entre a crítica.

Protagonizada polo personaxe de Willy Loman e a súa familia, foi interpretada con éxito en Broadway en varias ocasións. Foi levada tres veces ó cine e adaptada catro veces para televisión.

Categoría:Obras literarias de 1949 Categoría:Obras de teatro en inglés Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos de América