O 21 de decembro é o 355º día do ano do calendario gregoriano e o 356º nos anos bisestos. Quedan 10 días para finalizar o ano.

Acontecementos 69 - en Roma, o Senado nomea emperador a Vespasiano, tras a derrota de Vitelio o día anterior. 1121 - Dona Urraca entrega a Xelmírez as Torres de Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa. 1471 - Os portugueses descobren a illa de San Tomé. 1898 - Marie e Pierre Curie descobren o radio. 1937 - Estréase Snow White and the Seven Dwarfs, o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures. 1940 - Sae á venda o primeiro número do Capitán América, personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. 1980 - Referéndase o Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, no que se define como Nacionalidade Histórica. 1998 - A Compañía de RTVG lanza o canal mosaico, unha iniciativa pioneira tendente a potenciar os webs galegos. 1999 - Lanzamento do satélite científico ACRIMSAT.

Nacementos miniatura|125px|dereita|Frank Zappa. 1117 - Thomas Becket, chanceler de Inglaterra e arcebispo de Canterbury; santo católico (m. 1170). 1401 - Masaccio, pintor italiano do Quattrocento (m. 1428). 1708 - Manuel Ventura Figueroa, político e eclesiástico galego (m. 1783). 1804 - Benjamin Disraeli, escritor e político británico (m. 1881). 1815 - Thomas Couture, pintor e profesor francés (m. 1879). 1816 - Manuel García Maceira, político galego. 1892 - Rebecca West, escritora e xornalista inglesa de orixe irlandesa. (m.1983). 1897 - Saturnino Cuíñas Lois, sacerdote católico, músico e folclorista galego. (m.1978). 1906 - Álvaro Fernández Suárez, escritor, economista e político galego (m. 1990). 1916 - Francisco Martínez Leira, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1954). 1917 - Heinrich Böll, escritor alemán (m. 1985). 1918 - Kurt Waldheim, diplomático e político austríaco (m. 2007). 1921 - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco (m. 2003). 1940 - Frank Zappa, músico estadounidense (m. 1993). 1947 - Paco de Lucía, guitarrista español (m. 2014) 1942 - Hu Jintao, presidente da República Popular da China dende o 15 de marzo de 2003 e secretario xeral do Partido Comunista da China 1948 - Samuel L. Jackson, actor estadounidense. 1950 - Bibiano, músico e compositor galego. 1950 - Tomás Pérez Vidal, político galego. 1951 - Manolo Tena, cantante español (m. 2016). 1961 - Manuel Igrexas, escritor galego. 1977 - Emmanuel Macron, economista e filósofo francés, presidente de Francia desde 2017. 1992 - Alicia Fernández Fraga, xogadora de balonmán galega.

Mortes miniatura|150px|Eduardo Chao. 1375 - Giovanni Boccaccio, escritor e humanista italiano (n. 1313). 1863 - Giuseppe Gioachino Belli, poeta romano (n. 1791). 1887 - Eduardo Chao, naturalista, xornalista, historiador e político galego (n. 1822). 1940 - Francis Scott Fitzgerald, escritor estadounidense. 1945 - George S. Patton, militar norteamericano (n. 1885). 1978 - José Miguel Beñaran, dirixente de ETA (n. 1949). 1978 - Joseph Michael Schmondiuk, eclesiástico grecocatólico ucraíno (n. 1912). 1991- José Miguel de Barandiarán, etnólogo e arqueólogo español (n. 1889). 1997 - Teo Escamilla, director de fotografía español (n. 1940). 2001 - María Teresa Otero Sande, profesora e escritora galega (n. 1944).

2002 - José Hierro, poeta español (n. 1922). 2004 - Juan Barjola, pintor español (n. 1919).

2006 - Manuel Montero Gómez, médico e político galego (n. 1933). 2025 - Celso Bugallo, actor galego (n. 1947).

Festas e celebracións Santa Aldara de Celanova. Feira do Capón de Vilalba.

Día Nacional do Cáncer Infantil

Outros

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Decembro