A bandeira de Kirguizistán (en ; Kyrgyz Respublikasynyn Mamlekettik tuusu) foi adoptada o 3 de marzo de 1992. É de fondo de cor vermella no que aparece representado, na súa parte central, o sol coa súa superficie rasgada por seis trazos da mesma cor que o fondo da bandeira.

O sol amarelo representa a Timür Leng, un famoso guerreiro de Asia Central que formou un imperio no século XIV. As seis liñas vermellas que rachan o sol representan a seis cofrarías que apoiaron a este guerreiro. O fondo vermello é unha homenaxe a Atila, rei dos hunos, pobo que tivo a súa orixe no que hoxe é Kirguizistán.

Historia A finais de 2023, levouse a cabo un debate no Zhogorku Kengesh (parlamento de Kirguizistán) para endereitar os raios solares ondulados debido á súa suposta semellanza cun xirasol, que na cultura kirguiz pode significar "unha persoa voluble e servil disposta a cambiar de lealdade en beneficio persoal". O proxecto de lei pasou a súa primeira lectura o 29 de novembro e a segunda e terceira lecturas o 20 de decembro. O proxecto de lei foi asinado polo presidente Sadyr Japarov o 22 de decembro. A lei publicouse oficialmente o 26 de decembro e entrou en vigor o mesmo día.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Símbolos de Kirguizistán Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de Kirguizistán Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1992 Categoría:Bandeiras introducidas en 2023