Jorge Loriga Torrenova coñecido como Ray Loriga, nado en Madrid o 5 de marzo de 1967, é un escritor, guionista e director de cine español.

Traxectoria É fillo do ilustrador José Antonio Loriga e da actriz de dobraxe Mari Luz Torrenova.

Tras traballar en diversos oficios e publicar relatos en diferentes publicacións como Underground ou El canto de la tripulación, debutou en 1992 coa súa novela Lo peor de todo. Tivo grande éxito de público e crítica, e foi publicada en toda Europa, como exemplo da literatura da Xeración X.

Moi relacionado co cine, debutou como director en 1997 con La pistola del hermano, adaptación da súa novela Caídos del cielo, e na que ademais da súa entón parella sentimental, a cantante Christina Rosenvinge, aparecían Daniel González, Viggo Mortensen, Karra Elejalde e Nico Bidasolo. En 2006 rodou Teresa, el cuerpo de Cristo, que aborda a vida de Santa Tareixa, interpretada por Paz Vega, xunto a Leonor Watling, Geraldine Chaplin, José Luis Gómez García e Eusebio Poncela.

En 1997 colaborou no guión da película de Pedro Almodóvar Carne trémula. Así mesmo, escribiu en 2004 o guión da película El séptimo día de Carlos Saura, e no 2005 escribiu xunto ó director e a Elio Quiroga o guión de Ausentes de Daniel Calparsoro.

En 2007 editouse a continuación de Días extraños, baixo o nome de Días aún más extraños, un libro composto por varios artigos, unha carta a Rodrigo Fresán e un par de relatos.

É pai de dous fillos, Wilhem e Kay, froito da súa relación con Christina Rosenvinge. Tamén estivo relacionado sentimentalmente coa top model Eugenia Silva.

Bibliografía Ano Título Xénero 1992Lo peor de todoNovela1993HéroesNovela1994Días extrañosRelatos1995Caídos del cieloNovela1997Carne trémula Guión cinematográfico1997La pistola de mi hermano Guión cinematográfico1999Tokio ya no nos quiere Novela2000Trífero Novela2004El séptimo día Guión cinematográfico2004El hombre que inventó Manhattan Novela2005Ausentes Guión cinematográfico2006Los indios no hacen ruido Conto infantil2007Teresa, el cuerpo de Cristo Guión cinematográfico2007Días aún más extraños Relatos e artigos

Filmografía Ano Título 1997La pistola de mi hermano2007Teresa, el cuerpo de Cristo

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina non oficial de Ray Loriga

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Guionistas de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1967