Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego. É considerado o pai do xénero da melodía galega.
Traxectoria miniatura|Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid. Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a París coa intención de estudar con Frédéric Chopin, pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a Londres, onde entre 1844 e 1849 estudou con Ignaz Moscheles. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns anos en Madrid e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera Inese e Bianca, con libreto italiano de Achille de Lauzières. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola Universidade da Coruña o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.
Obra
A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha grande influencia de Chopin e Charles Gounod. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o cancioneiro de José Inzenga. En 1877 publicou os seus primeiros cadernos da colección Cantares viejos y nuevos de Galicia, a súa obra máis interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. Maurice Ravel empregou o seu Adios meu meniño, adios na súa Chanson espagnole, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.
Obra escénica Inés e Bianca, ópera. Pedro Madruga, zarzuela (inconclusa).
Orquestra Varias marchas para orquestra. Serenata para orquestra de cordas.
Piano 3 sonatas. 2 Sonatinas para piano a catro mans. Nocturnos. Baladas. Impromptus. Elexías. Romanzas sen palabras.
Música de cámara: Cuarteto de cordas. Sonata en mi bemol para violín e piano. miniatura|Rúa Marcial del Adalid na Coruña. Cancións Cantares viejos y nuevos de Galicia. Un centenar de mélodies francesas sobre poemas de Lamartine, Victor Hugo etc. Lied sobre Goethe. Outras cancións en castelán, italiano e latín. Motetes corais en latín.
Legado A súa única filla e herdeira, María del Adalid, por consello de Félix Estrada Catoyra, depositou o 12 de decembro de 1928 na Real Academia Galega a biblioteca e arquivo do seu pai.Arquivo Marcial del Adalid Galiciana. Arquivo de Galicia. En palabras de Xosé Ramón Barreiro, supón "Un fondo musical único e valiosísimo, máis importante ca o da Biblioteca Nacional".
Recoñecementos A Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ritmo: revista musical ilustrada: n.º 480 (1978) . Ritmo: revista musical ilustrada: n.º 493 (1979) .
Outros artigos María de los Dolores del Adalid y González Garrido Ligazóns externas Arquivo Marcial del Adalid Galiciana. Arquivo de Galicia.
Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1881