Afonso Cerón (ou Xerone ou Girón), nado en Granada,Brief notes on the history of Chess 1500 (Breves apuntes sobre a Historia do Xadrez) foi un xadrecista español do século XVI.
Traxectoria Cerón era sacerdote e cóengo. Cerón escribiu un libro sobre xadrez do que non se coñece hoxe ningún exemplar. O seu nome era De latrunculorum ludo ("Do xogo do Xadrez")ANTONIO, N., «Bibliotheca Hispana Nova» Tomo I, Madrid 1783, p. 17. Primeira edición, Roma 1673 I, 13)..
Era considerado un dos mellores xadrecistas da súa época en Europa. Nesa calidade foi invitado polo rei Filipe II ao torneo celebrado en 1575 en El Escorial. Alí estiveron tamén o siracusano Paolo Boi, o estremeño Ruy López de Segura, creador da apertura Ruy López, e Leonardo da Cutri. Venceu este último.
Notas
Categoría:Xadrecistas de España Categoría:Nados en Granada Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xadrecistas do século XVI