O Club Deportivo Burela Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego de fútbol sala fundado en 2001 en Burela. Actualmente xoga na Primeira División.
Xogou cinco tempadas consecutivas na Primeira División entre 2012 e 2017, acadando na tempada 2013/14 un sétimo posto que lle permitiu xogar o play-off polo título, no que foi eliminado en cuartos de final. miniatura|dereita|262px|Tenda do Club Deportivo Burela Fútbol Sala
Tamén ten un equipo feminino, o CD Burela FSF, que xoga na máxima categoría.
Historia O conxunto laranxa xurdiu en setembro de 2001 en Burela froito do xerme do antigo equipo da localidade, o Cefire Burela FS, trasladado á localidade veciña de Viveiro tras o seu paso pola División de honra na tempada 1999/00.
Iniciou a súa andaina en Primeira Nacional B pero nas súas dúas primeiras tempadas de existencia conseguiría dous ascensos consecutivos que o colocarían na División de Prata. En devandita categoría xogaría ata sete veces a promoción de ascenso a Primeira División, categoría na que debutou na tempada 2012/13. Militou cinco tempadas na elite do fútbol sala española ata que descendeu na 2016/17. Con todo, regresou a Primeira só dous anos despois, co ex xogador Juanma Marrube como adestrador..
Entre os socios de honra do club figuran: os futbolistas Ronaldinho e Fran, o ciclista Óscar Pereiro, o xornalista Terio Carrera e o seleccionador nacional de fútbol sala José Venancio López.
Datos do club Tempadas en 1ª: 7 Tempadas en 2ª: 11 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 1
Historial na liga TempadaNivelCategoríaPosto2001/0241ª Nacional B2º2002/0331ª Nacional A2º2003/042D. Prata6º2004/052D. Prata2º2005/962D. Prata3º2006/072D. Prata4º2007/082D. Prata5º2008/092D. Prata3º2009/102D. Prata2º2010/112D. Prata5ºTempadaNivelCategoríaPosto2011/122D. Prata9º2012/1311ª División12º2013/1411ª División7º2014/1511ª División9º2015/1611ª División9º2016/1711ª División15º2017/1822ª División4º2018/1922ª División1º2019/2011ª División16º2020/2111ª División
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Deporte en Burela