Amurrio é unha localidade, cabeza do concello homónimo, pertencente á Cuadrilla de Aiara, comarca sita no noroeste da provincia de Áraba, na Comunidade Autónoma Vasca.
O concello ten unha superficie de 96,36 km².
Límites municipais O concello de Amurrio linda polo norte cos de Aiara e Orozko (Biskaia); polo sur co de Orduña (Biscaia), polo leste con Zuia, e polo oeste tamén con Aiara.
Poboación Segundo o INE o 1-1-2011 vivían 10.014 veciños no concello de Amurrio. A poboación tivo o súa maior alza entre os censos de 1950 e 1991. Dende ese ano, medra moi lentamente, decrecendo algúns anos.
Subdivisións O termo está dividido en varias entidades colectivas (con datos de poboación de 2010; entre paréntese poboación no 2000):
Aloria - 25 hab. (30) Amurrio - 8873 hab. (8518) Artómaña/Artomaña - 70 hab. (71) Barambio/Baranbio - 161 hab. (182) Délica/Delika - 166 hab. (168) Larrimbe/Larrinbe - 275 hab. (249) Lecamaña/Lekamaña - 35 hab. (28) Lezama - 264 hab. (289) Saracho/Saratxo - 101 hab. (92) Tertanga - 80 hab. (93)
Economía A base económica é industrial, centrada sobre dúas industrias de tubos metálicos, que empregan entre ambas arredor de 1.500 traballadores.
Véxase tamén
Cuadrilla de Ayala.