Alcmena foi un personaxe mitolóxico, filla de Electrión, rei de Micenas, e esposa de Anfitrión. Seducida por Zeus, foi a nai de Heracles (ou Hércules)"Alcmena, en unión amorosa con Zeus, deu a luz ó forte Heracles" (Teogonía 943-944).; e como precursora dos Heráclidas foi adorada en Tebas e Atenas. Segundo Grimal, Alcmena foi a última muller mortal coa que se deitou Zeus.

Antecedentes Electrión casara con Anaxo, filla de Alceo,Alceo, xa que logo, é o avó de Heracles, e de aí o sobrenome de Alcides que tiña este. Foi en Delfos, onde fora consultar o oráculo tras asasinar ós fillos, onde a pitia bautizoulle como Heracles (Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12). e procreou dez fillos, entre eles Alcmena.Eurípides (Heraclidas) di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice, filla de Pélope. Un día presentáronse ante el os fillos de Pterelao e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (agás Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao (agás Everes). O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de Argos e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns,Tamén se di que Alcmena, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados. Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas.

Nacemento de Heracles miniatura|300px|Miniatura do século XVI Aproveitando que o seu home, Anfitrión, estaba na guerra, Zeus adoptou a figura del e, simulando ser Anfitrión, pois coñecía a virtude dela, xaceu con Alcmena. Para prolongar o momento, Zeus fixo que a noite durase como tres, prohibindo a Helios, o Sol, que saíse nese tempo. Cando realmente chegou Anfitrión, sorprendeuse ó ver que Alcmena non lle daba a debida benvida e preguntoulle a razón, e ela contestou que xa dormira con el a noite anterior e que lle contara os detalles da guerra e da vitoria. En todo caso, xaceu tamén co home e quedou embarazada dos dous, de xeito que nacerían os dous fillos cunha noite de intervalo.

Anfitrión nun principio pensou en castigala por infiel: ía queimala no lume pero Zeus mandou unha intensa chuvia. O adiviño Tiresias explicoulle que a unión fora feita con Zeus e el aceptouno como un honor.

Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles. Pero Hera, a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla Ilitía (deusa dos partos e, polo tanto, das comadroas) que o detivese,Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de Leto, outra amante de Zeus, preñada de Apolo e Artemisa, Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos hiperbóreos) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe Delos, e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a Iris, mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (Terceiro himno homérico a Apolo). e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do palacio ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de Euristeo, fillo de Esténelo e Nícipe. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en donicela e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira. Pero mentres tanto, naceu Euristeo e recibiu o trono de Micenas.

miniatura|Anfitrión e Alcmena ollan como Heracles esgana as serpes, mural de Pompeia Infancia de Heracles Cando Heracles tiña oito meses,Segundo Píndaro (Nemeas I, 35), Heracles acababa de nacer; segundo Teócrito (XXIV, 1), tiña dez meses; e segundo Ferécides, un ano. Hera, que quería a morte do meniño, mandou ó berce dúas enormes serpes e, mentres Alcmena pedía axuda a Anfitrión, Heracles matounas esganándoas coas mans.Tamén empregou Hera este método para intentar librarse dos fillos bastardos de Zeus con Leto: mandou a serpe Pitón para que devorase a Apolo meniño, pero este matouna coas súas frechas. Segundo Ferécides, foi o propio Anfitrión quen as puxo, para comprobar cal dos dous era o seu fillo: ó ver que Heracles se enfrontaba con elas mentres Ificles fuxía, comprendeu que este segundo era o seu fillo e Heracles o fillo do deus.Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8.

A partir de entón, Anfitrión educou a Heracles como fillo propio.

Vellez e morte Trala morte de Anfitrión, Alcmena intentou volver á súa terra, Tirinto, con Heracles (que xa rematara os seus doce traballos), Ificles e Iolao, pero Euristeo non o permitiu. Incluso, despois de morrer Heracles, Alcmena e os seus descendentes foron expulsados de Corinto e de Traquis e houberon de fuxir a Atenas. Euristeo esixiu que a botasen da cidade e os atenienses negáronse, polo que lles declarou a guerra, pero Euristeo morreu e entregaron a súa cabeza a Alcmena, que lle sacou os ollos. Eurípides recolleu este episodio como argumento da súa traxedia Os Heráclidas, onde introduce a variante de que Euristeo é capturado vivo e entregado a Alcmena, que decide que o maten.

Alcmena sobreviviu a Heracles e estableceuse en Tebas, cos seus descendentes. Cando morreu, xa a idade avanzada, e foron enterrala, Zeus mandou a Hermes que roubara o corpo e o transportara corpo á Illa dos Benaventurados, deixando unha pedra no seu sitio. Pausanias escribiu que os tebanos afirmaban que se converteu en pedraPausanias, Descrición de Grecia, Libro IX, 16. 7. pero noutra pasaxe di que a súa tumba está en Mégara.Pausanias, Descrición de Grecia, Libro I, 41, 1., pois se afirma que morreu de camiño a Tebas e o oráculo de Delfos aconsellou darlle terra alí mesmo en lugar de regresar a Argos ou continuar ata TebasGraves, px. 619..

Unha vez na Illa dos Benaventurados, Alcmena foi remozada e casou con Radamantis (xuíz no Hades e fillo de Zeus e Europa)Outros mitógrafos, como Pseudo-Apolodoro, din que casaron antes de morrer ("Con Alcmena, despois da morte de Anfitrión, desposouse Radamantis, fillo de Zeus, e viviu exiliado en Ocáleas de Beocia" (II, 4, 11); "Radamantis ... tras exiliarse de nuevo a Beocia desposou a Alcmena" (III, 1, 2).. Cóntase que os que levaban o ataúde notaron que era demasiado pesado, polo que o abriron e descubriron que contiña unha pedra. Entón, deixaron a pedra nun bosque sagrado de Tebas, onde é adorada como deusa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. Ovidio: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Heracles Categoría:Mulleres na mitoloxía grega