Bonnybridge (en escocés Bonniebrig) é unha pequena vila de Escocia, pertencente ao concello de Falkirk.

Xeografía Situado a uns 6,5 km ao oeste da vila de Falkirk en dirección a Edimburgo, entre o río Bonny (que lle dá nome) e o canal do Forth e do Clyde. Ten unha poboación de 6.780 habitantes conforme o censo de 2001, pero que chegan a superar os vinte milleiros na súa zona de influencia. Está situado na liña de camiño de ferro entre Glasgow e Edimburgo.

Historia Bonnybridge está situada na estrema o límite de máxima expansión do Imperio Romano e a poucos quilómetros do seu núcleo cruza o muro de Antonino, a muralla que sinalaba a fronteira norte de Roma, e do que se gardan algúns dos restos mellor conservados precisamente nas proximidades de Bonnybridge. Polo demais, e como a maior parte dos núcleos da Terra Baixa escocesa, Bonnybridge coñeceu unha grande expansión nos tempos da Revolución Industrial, con muíños de papel, serradoiros, fábricas de produtos químicos, cerámicas de ladrillos e destilerías de whisky, pero particularmente algunhas fundicións de ferro. O canal do Forth e do Clyde permitía distribuír estes produtos por toda o sur de Escocia, e mais levalos a Glasgow para a súa exportación.

Servizos Hai tres escolas de primaria en Bonnybridge.

Cultura popular A vila industrial de Bonnybridge é coñecida polo gran número de avistamentos de ovni. Situada no que se deu en chamar o triángulo de Falkirk, moita xente sinalou que viran obxectos luminosos no ceo.Ministry of Defence releases secret files on UFOs, BBC, 04.03.08

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sociedade de Historia Local de Falkirk

Categoría:Cidades e vilas de Escocia