A gueada é un fenómeno que se dá na fala espontánea dos galegofalantes ao falaren castelán. Consiste na realización da fricativa velar xorda [x] como oclusiva velar sonora [g]. Isto é, a palabra castelá jueves pasaría a ser pronunciada güeves.
Existen dúas hipóteses que explican este fenómeno, relacionadas con dúas hipóteses sobre a orixe da gheada no galego.
Se tomamos a tese estruturalista ou autonomista, que di que a gheada é unha evolución fonética no galego, a gueada trataríase dunha ultracorrección. Así, os falantes que en galego pronuncian ghaliña, espontaneamente dirían ghallina en castelán, mais corrixiríanse para dicir gallina. De forma análoga, ultracorrixirían os casos en que o castelán pronuncia [x] (fonema semellante ao [ħ] da gheada) e pasarían a pronunciar o castelán correcto jueves como güeves. Se tomamos a tese adstratística ou castelanista, que di que a gheada é unha interferencia do castelán na lingua galega, teríamos que a gueada é o paso previo que leva á gheada. Así, os falantes galegos terían dificultades para pronunciar o fonema [x] do castelán, e usarían o fonema galego máis achegado, o [g]. Isto é, ante a incapacidade de pronunciar jueves, espontaneamente dirían güeves. Posteriormente estes falantes corrixiríanse, mais sen chegar á pronuncia correcta, o que daría ghueves (co fonema aspirado [ħ]). E, por ultracorrección, pasarían a pronunciar todos os fonemas [g] do castelán como [ħ], e posteriormente tamén no galegoDúbida A gheada no Consultório Lingüístico da AGAL.Gueada y geada gallegas, de José Luis Pensado e C. Pensado Ruíz (Anexo 21 da revista Verba, Santiago de Compostela, 1983)..
Aínda que conflúa xeograficamente coa gheada, non se trata dunha variación dialectal, senón diafásica, ao darse este fenómeno en persoas de máis idade e menos estudos.
Ramón Mariño Paz facía a seguinte reflexión ao respectoO idioma galego no limiar da súa renacenza (p.61 e seguintes).:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gheada Seseo
Categoría:Fonoloxía