Rudolf Ludwig Mößbauer, nado en Múnic o 31 de xaneiro de 1929 e finado en Múnic o 14 de setembro de 2011Physiker und Pianist . tagesspiegel.de. 15 de novembro de 2011., foi un físico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.

Traxectoria Licenciado en física pola Universidade de Tecnoloxía de Múnic, en 1961 foi profesor de física no Instituto Tecnolóxico de California.

Durante a súa etapa estudantil interesouse nos raios gamma, estudando as súas transicións nucleares e descubrindo no ano 1957 o que posteriormente se denominaría efecto Mößbauer. En 1961 foi galardoado, xunto co físico norteamericano Robert Hofstadter, co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a absorción de radiación gamma.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1961

Notas

Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Premios Nobel de Alemaña