No Logo: Taking Aim at the Brand Bullies é un libro da canadense Naomi Klein, publicado en inglés en 1999 por Knopf Canada.
Contido Máis coñecido como No logo, é un ensaio que trata de analizar a influencia das marcas na sociedade actual. Comeza narrando a orixe e crecemento das grandes empresas que basean o seu negocio na imaxe de marca, e prosegue analizando os efectos en todo o mundo, desde o mercado de traballo, tanto no primeiro como no terceiro mundo, como o mercado de consumo. Explica as tácticas que as marcas seguen para expandirse e relata moitos actos de rebeldía xurdidos como resposta.
No primeiro mundo analiza fundamentalmente a situación nos Estados Unidos e no Canadá e, en menor medida, en Europa occidental.
O enfoque é de crítica feroz ó comportamento das empresas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anticonsumismo Ligazóns externas www.nologo.org páxina oficial
Categoría:Obras literarias de 2000 Categoría:Obras literarias en inglés