O Acordo de Belfast (ou Acordo do Venres Santo) foi asinado en Belfast o 10 de abril de 1998 entre os gobernos irlandés e británico e diferentes partidos políticos (entre eles o Sinn Féin). Por aprobalo fíxose un referendo tanto en Irlanda do Norte como na República de Irlanda. Entre os puntos máis importantes do Acordo hai:
O recoñecemento do gaélico en Irlanda do Norte. O desarmamento dos grupos paramilitares. A creación do Consello Británico-irlandés con representantes de todas as partes das Illas Británicas. A creación dunha Asemblea Lexislativa en Irlanda do Norte. Un compromiso de paz dos partidos políticos da rexión. A liberación dos presos que pertenzan a organizacións que acorden a alto o fogo. A intención de que o futuro constitucional en Irlanda do Norte será determinado polo desexo democrático da poboación.
O acordo significou que o IRA Provisional abandonara as súas actividades armadas. O IRA Auténtico, o Oficial e o IRA da Continuidade non asinaron este acordo.
SiNonParticipaciónIrlanda do Norte676,966 (71%) 274,879 (29%) 81%República de Irlanda1,442,583 (94%) 85,748 (6%) 56%
Véxase tamén
Ligazóns externas
Texto completo do acordo de paz
Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Tratados de paz