miniatura|250px|Antiga vasilla mostrando a Perseo, Andrómeda e Ceto.
Na mitoloxía grega, Ceto (en grego Κητώ Kētō, 'peixe grande' e en particular 'balea', de aí «cetáceo») era un espantoso monstro acuático, filla de Gaia e Ponto.
Era a personificación dos perigos do mar, os terrores descoñecidos e as criaturas estrañas. A palabra «ceto» terminou sendo unha abreviatura para calquera monstro mariño, e segue usándose así.
O seu marido foi Forcis e con el tivo moitos fillos, coñecidos colectivamente como Fórcides.
Na arte grega era representada como un peixe con forma de serpe. Ceto tamén deu nome á constelación Cetus. Consortes e descendencia Forcis. Equidna. Gorgonas: Esteno. Euríale. Medusa. Greias: Dino. Enio. Pefredo. Hespérides: Aretusa. Egle. Eritia. Hespera. Ladón. Sereas
Fontes Apolodoro, Biblioteca (I, 2, 6) Hesíodo, Teogonía (v. 238, 270, 333, 336) Véxase tamén Deuses do mar da mitoloxía grega Ligazóns externas Keto
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega